REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 18 de diciembre de 2013

OUTROS CONTOS DE WAMBA PARA ANTÍA

O bocata de Antía era tamaño mamá, é dicir  XXXL  e daba para moitos anaquiños para compartir.
Wamba comía outro anaco e escoitaba un novo conto.


O  GRAN SABIO

Na miña aldea había un Gran  Sabio ao que todos acudían para que lles solucionase os seus problemas. O Sabio sempre acertaba, dicíalles o que tiñan que facer e eles facíano e … problema resolto!

Un día o Gran Sabio desapareceu e todos se puxeron a buscalo e nada, non aparecía.

-Quen solucionará agora os nosos problemas! – dicían.

Buscaban e buscaban e seguía sen aparecer o Gran Sabio ata que pasado un tempo os veciños déronse por vencidos e volveron para as súas casas cun xesto de tristura.

Ao día seguinte reuníronse todos na praza  da aldea. Despois dunhas cantas deliberacións decidiron solucionar todos xuntos os problemas e … funcionou! Todos os problemas solucionados.

De repente o Gran Sabio apareceu e todos os da aldea  comprenderon que lles dera unha valiosa lección: “SE NOS UNIMOS TODOS, PODEREMOS FACER CALQUERA COUSA”.

                                                     HUGO

O NENO QUE QUERÍA TODO

Érase unha  vez un neno que vivía nun pobo e que sempre quería todo o que miraba. Os seus país xa  non sabían que facer con el. Quería todos os xoguetes, as comidas, … Era un verdadeiro problemón.

- Por que non deixas de pensar en ter todo?- dixéronlle os país.

- Porque eu quero ter todo o que teñen os demais- respondeu.

Era imposible convencelo de que iso non podía ser. Os pais, que tanto saben, tiveron unha idea. Pedíronlle a todos  os do pobo que lles prestaran todo o que tiñan para darlle unha lección ao seu fillo. E así foi, cando se viu con tal cantidade de “todo”, fartouse de súpeto e foi devolvendo aos seus donos o que lle deixaran.

Ensinanza: “ NA VIDA NON PODES TER TODO O QUE TI QUEIRAS”.

QUE GRATIFICANTE É COMPARTIR!

                                                            JORGE

FINAL  FELIZ

Había un home que só se preocupaba de si mesmo. Xamais axudaba aos que precisaban axuda.

Un día el e máis un amigo foron a dar un paseo ata un acantilado e o coche quedoulles sen gasolina. Andiveron dun lado para outro a ver se se lles ocorría o que poderían facer. Non había resposta e parecía que o acantilado ía romper por mor das fortes ondas. Xa estaban desesperados e moi asustados, non vían saída. 
Acertou a pasar por alí un percebeiro e ao ver que a aqueles homes estaba a piques de pasarlle algo grave, foi na procura de axuda.

De seguido, apareceron unha chea de veciños para axudar. Todos colaboraron para rescatalos e saíron sen ferirse, dando un milleiro de grazas a todo o mundo.

Ensinanza: “MELLOR AXUDAR QUE ESTAR SÓ”
                                                               ÓSCAR