INVERNO
O inverno chegou,
o Nadal chegou.
Turrón e polvoróns
sempre a montóns.
Regalos haberá
e ninguén faltará.
FELICES FESTAS!
BRUNO
Desexámosvos a todos e a todas: FELIZ NADAL
Para celebralo os de 5º de Primaria debuxamos árbores nevadas nas ventás. A min encántanme as paisaxes nevadas porque son alegres e moi bonitas.
FELICES FESTAS!
HUGO
FELIZ NADAL a todo o mundo.
Pasádeo ben poñendo a árbore, as luces, o belén,…. E comendo bombóns, turrón, chocolate,…
Pero, … o mellor é estar coa familia e cos amigos. Empacharse de amor e felicidade.
Despois tamén podes disfrutar abrindo os regalos que se te portaches ben, non han de faltar.
Adriana
Querid@ amig@ envíote esta postal para dicirche algo da Navidad e guiarte á felicidade.
É tempo de regalos. Coa familia xogarás e divertiraste. Todo é vermello e branco nun mundo de nubes, de durmir hasta tarde,… É a Navidad.
Chegan as “vacas”, un tempo de relax e coa Familia. Isto é Navidad.
Con estos consellos xa estas preparado para disfrutar da Navidad.
FELICES FESTAS!
SARA