REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 6 de noviembre de 2014

CHARLA / COLOQUIO "ACOSO ESCOLAR"

O mércores, 29 de outubro tivemos no noso cole unha charla / coloquio sobre o "ACOSO ESCOLAR" impartida polo inspector da policía Luis.


APRENDEMOS....
-Que a  agresividade é a tendencia dunha persoa a estar enfadado. É importantísimo o autocontrol.

Os factores que inflúen son:
  • modelo de sociedade competitivo
  • factores biolóxicos
  • medios de comunicación
  • estilos de educación
As manifestacións son patadas, palizas, empurróns, insultos, ameazas, ignorar, ..
As consecuencias  dan lugar a un alumno agresivo.

O acoso escolar consiste na prolongación no tempo das manifestacións antes mencionadas. Tamén se coñece co nome de "BULLYNG".
Que facer?
=Canalizar a agresividade para controlarse para non chegar a  estas situacións . O exercicio físico é unha boa cousa.
=Rechazar calquera tipo de manifestación violenta.
=Avisar, comunicar de inmediato destas situacións a profesores, pais, direccción,...
                                                                                                              Valeria

Importante:
Nunca seremos testigos dunha liorta ou pelexa. Fuxir de onde as haxa.
                                                                                                                                      Laila  
Os acosados sofren moito xa que se lles poden ocasionar os seguintes transtornos: perda de confianza, baixa autoestima, inseguridade, indefensión, ansiedade, trastornos psicolóxicos, ... 
                                                                                                             Icía Min

OPINIÓNS...

-Gustoume moito xa que moitos non sabían o que era, eran víctimas e non sabían que facer. ÓSCAR SÁNCHEZ.

-Non me gustou, o policía tratábanos coma se fósemos alumnos de bacharelato. SARA.

-Aprendín moito e iso gústame. RAQUEL.

-Agora sabemos que facer se somos víctimas ou testigos do acoso e cales son as consecuencias  se nós acosamos a alguén. ALEJANDRO DE TORRES.

-Aprendemos a non sermos agresivos e como facer para non selo. ANDREA:

-É unha idea xenial que haxa este tipo de charlas e que se faga en moitos coles. HUGO.

-O sentirse insultado ou evitado  fai que teñas unha posición moi incómoda.IRINA.

-Todo o que nos contaron é moi importante porque nos axuda a evitar problemas. Supuxo unha lección sobre a vida. Eu vouno a ter en conta para sempre se non quero meterme en problemas. ADRIÁN.