REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 29 de febrero de 2012

LEMAS PARA FOMENTAR A DOAZÓN DE ÓRGANOS

Ti e tod@s valemos!    Lorena

Morto, non precisas órganos. Dóaos!   Uxía

Transplántate noutro, daraslle vida.   Irene 

Agasalla co  disfrute da vida. Doa órganos.    Alexia

Cando a túa vida se apague, acende  a doutros.  Alejandro

Doar órganos: un agasallo para todos.  Alexis

Regala vida, doa órganos.   Iván  D.

Doa órganos, 
doa vidas.  Laura

Se cando morras doas órganos, 
outra persoa será FELIZ.  David

Non desperdicies  os teus órganos, dóaos!   Rocío

Faite doante!  Agradecerancho!   Iván  B:

Un órgano, unha vida.   Antía

Doando salvarás moitas vidas.    Anna   

Doar órganos é axudar a alguén.  Aida

Doa órganos e dalle vida a outra persoa.  Sara

Unha doazón,unha salvación. Lois       

Doa os teus órganos e darás alegrìa.  Adrián


Cando morto estés, os teus órganos saúde poden dar.  Nerea


Doar órganos é vida.
Vida é diversión.
Diversión é felicidade.
Doa órganos!       Nicanor

  

lunes, 27 de febrero de 2012

BAILE

Para rematar a actuación dos monólogos, un baile:

"A RAPAZA YE-YE"



viernes, 17 de febrero de 2012

ESPECIAL GALEGO

MONÓLOGOS


PIÑA

Quen vive na piña debaixo do mar ????
Bob Esponxa, Bob Esponxa

Pe...pero... non vou falar de Bob Esponxa, vou falar da PIÑA, desa froita tropical que se come en rodaxas. Seguro que o inventor da roda inspirouse nunha rodaxa de piña.
Algúns e algunhas cando oen falar da piña pensan nas piñas dos piñeiros, esas que se botan nas fogueiras de San Xoán e que atopas se vas dar un paseíño polo bosque.

Tamén hay piñas que teñen piñóns, por iso se canta así cando se quere chinchar a alguén:
Chincha rabiña
que teño unha piña
que ten piñóns
e ti non os comes
chincha, chincha.

Hainos que se chinchan tanto que ao final rematan andando ás piñas.

Pero...ATENDEDE!
“iso está prohibido”
Xa o sabedes: de pelexar ou andar as piñas, NADA! O que SÍ podedes facer é comer moita, moita piña que está moi rica.


O COCO

Bueno iste coco cómese, porque.... seguro que alguén pensaba no de ...

Durme meniño que ven o coco
e se no durmes vaite levar.
Non, ese coco noooon.

Tampouco aquel do que se fala, cando se di:
-O meu fillo é listísimo, ten un bo coco!
Ese, tampouco.


O coco do que vou falar é a miña froita favorita...pero agora que o penso si que terá que ver co coco pensante porque ben que tiven que comerme o coco para falarvos un pouco do coco

Imos ó tema, o coco e unha froita tropical e anque abunda nas illas, no Illas Cies nunca atoparás un coco dos que se comen.

Ufffff cantos cocos hai aqui pero...
coidado amigos que vai vir o coco e escapando del xa me vou.



O LIMÓN

Cando probei o limón
ah! Que vou falar do limón

Cando probei o limón
eu que son un glotón
vaia amargura!
que aínda me dura
nin que tivera pilas alcalinas
desas que duran,duran e duran.

Se ves os limóns na froitaria ,todos tranquilos
pero se o seu zume está na túa gorxa
a túa cara pode cambiar ,que digo pode asustar.

E nada de confundir o limón coa lima
que o limón co que amarga parece
que está deprimido ,calquer día vai ó médico.

O médico podería ser a lima
que ten alegría para dar e tomar,
si tomamos un refresquiño con moita lima!


O KIWI

O outro día lin no xornal:
Os kiwis estan en perigo de extinción
pero non son os kiwis comestibles
tranquilos, os que o toman como regulador intestinal,
non lamentaran o seu final

Os kiwis que estan en perigo son os paxaros de
Nova Zelanda.

O kiwi Wenceslao estaba
no seu niño
escoitando cos seus cascos
o ruido do muiño

O kiwi podese comer con culler ou sen ela pero
teras que pelalo e sen pel deixalo

-Tratandose do kiwigol
berra toda a afección
cando meten un gol
pero se é o kiwiguay
teremos que ir a Hawai
ou a Bombai
que amin dame igual.

Voume co meu amigo a Hawai
co meu amigo o kiwiguay.


A MAZÁ

A miña froita favorita é a mazá , por iso a tomo cada mañá.
É saudable e rica e ademais de ter vitaminas , está boísima.
As mazás poden ser grandes e pequenas pero sobre todo regordechas.
As mazás son moi divertidas,pero non porque conten chistes. Hainas de moitos cores: verdes, amarelas, vermellas... pero..non vos asustedes que non todas as mazás son coma as mazás de Brancaneves. Podédelas tomar sen medo que non ides desmaiar ao contrario teñen moitos beneficios e cumpren co seu oficio.
Danche enerxías para correr, brincar, bailar,...e... sobretodo para estudar.

Un día, paseando pola rúa atopeime cunha mazá podrida e recordei o xogo de sortes que dicía:
Unha mazá podrida;
un, dous, tres, saída.

De tanto falar das mazás entroume fame...
Vou mercar mazás!
Son tan sas...


AS UVAS

Vou falar das uvas. Con elas faise viño, pisándoas, pisándoas cos pés; si,si, oíchedes ben, písanse cos pés.

Se queredes viño branco, loxicamente piseremos uvas brancas e se queredes viño tinto, home non! Uvas tintas.

E se deixamos as uvas colgadas un tempo coma se fose a roupa no tendal, PÁSANSE! por iso se chaman uvas pasas e por iso están que te pasas.
-Escoitade! Que me vou pór de mala uva.

Como todos sabedes en FIN de ANO as uvas son as protagonistas. Coas badaladas de Aninovo tomamos ... Que tomamos? Claro que si, 12 uvas unha por cada badalada ou tamén podería ser por cada mes que ten o ano...

E... falando de uvas ...Xa vou rematar con este roio porque xa me van dar as uvas.


AS PERAS

Últimamente están de moda as peras. Falando de moda ... se tes corpo de pera, o máis probable é que sexas fea. Pero.. olliño, olliño as peras non son feas, son ben bonitiñas e moi variadas, só que algunhas teñen unha forma pouco atractiva. Sen embargo, se quero calificar , sen ser profe ..; este monólogo direi:
-Estame saíndo periña! E sen pedir axuda ás periñas de San Xoán.

Temos unha gran variedade de peras:

 A limoeira, que non ten nadiña que ver co limón..
 Branquiña! De branca nada, que é verde!
 Erculina, pero non é da Coruña
 Vermella! E ben bonita..
 Conferencia ... a que vos estou dando agora...

Xa non podo máis..
Isto é a repera!


A AMEIXA


Se vos falo da ameixa pensaredes que é un marisco, un molusco mariño, esas tamén son ameixas, son as ameixas do mar que cociñadas á mariñeira están deliciosas...

Eu falarei da ameixa do aire, non pensedes que voa. Falarei da froita ameixa, das ciruelas se vos resulta máis familiar. Son tan ricas as ameixas cando están maduriñas, que é cando deben comerse e son sen dúbida as estrelas das merendas.

Vou a facervos unha recomendación:


Non tomedes chucherías.
Non tomedes bollería.
Non tomedes cousas desas ...
Se algo queredes picar
ameixas tedes que tomar.


MANDARINA


A mandarina como o seu nome indica, manda moito! É unha mandona de coidado. Seguro que de maior quere ser “profe”...

A mandarina parécese moito á clementina que non sei se son irmás ou son curmás. Do que si estou segur@ é que son da mesma familia, o parecido é indiscutible, xa non hai que facerlle a proba do ADN.

Algúns din que ven da China por aquilo da China mandarina. Agora que o penso... aquí en Vigo hai unhas tendas chamadas mandarina home que non sei o que venden porque nunca fun. Pero... polo seu nome venderán a versión masculina da mandarina. Claro, claro ... mandarina home.

E agora irei adiviñar, quero dicir investigar, como son esas froitas novas.


OS AMORODOS

Do bosque veñen,
silvestres son
e eu os levo
no corazón.
Que froitas, froitiñas son?

Douvos unha pista:
“con nata están mmmmm, deliciosas”
Dacordo, vexo que xa sabedes que falo dos amorodos.

No inverno están moi verdes,
na primavera están de moda,
no verán xa quedan poucas
e no outono, delas ninguén se acorda.

Estáseme a facer a boca auga de tanto pensar nos amorodos que son especialistas na decoración das tortas.

Tamén vos direi que os amorodos foron os que inspiraron ós inventores do chicle. Si, si, dese chicle que non se pode tomar na clase e que nos gusta tanto..., pois os primeiros que houbo foron os de amorodos, por iso se fala da cor “chicle”.
E agora, despois deste roio vou ver se me podo tomar un chile ben refrescante e sabroso.


PLÁTANO

Ouro parece,
plata-non é
que será?
O PLÁTANO ...froita rica en potasio, iso din os entendidos,
e a min venme á cabeza “maxia potasia” que segundo me dixeron non ten nadiña que ver unha cousa coa outra.

O plátano é amarelo coma o sol por iso penso que é unha froita moi importante para a nosa saúde. Ademais sempre nos recomendan pola tele:

“TODOS OS DÍAS UN PLÁTANO, POLO MENOS”


O plátano é sensacional,
tan san e fácil de pelar
que a min me gusta unha barbaridade.

“TODOS OS DÍAS UN PLÁTANO, POLO MENOS”


AS CEREIXAS

¿Hai xemelgos no colexio? ¡Seguro que si! Por exemplo… as miñas froitas favoritas son xemelgas.

¿Sabedes cales son? ¡As cereixas, claro! Pois sobre as cereixas falarei hoxe eu.

Elas case sempre van de dúas en dúas coma as famosas Marías de Santiago que eran unhas irmás que saían todos os días ás dúas en punto a dar un paseiño pola Alameda e ían tan maquilladas e chamativas que non pasaban desapercibidas. Ata hai unha estatua no seu recordo.

Ben, a outra cousa bolboreta revoltosa.
Que estou falando das cereixas.

Hai xente que xoga con elas poñéndoas de pendentes e isto xa me parece a guinda do pastel. Nunca tan ben dito, moitos pasteis e doces levan cereixas de adorno. Nas roscas de reis ou de pascua non poden faltar. So de pensalo éntrame fame!

Por isto para min as cereixas son as froitas perfectas!