Cando era pequena empecei dubidar se me gustaba ou non o que me estaba
pasando. É dicir, a vida. Contáronme as guerras, as mortes, as desigualdades,
pero tardaron en contarme as festas, as vidas, as igualdades que hai entre
todos.
A vida está chea de sorpresas, vidas, decepcións... e aprendín a aceptala
tal e como é. Agora, gústame a vida, gústame vivir. encántanme as sorpresas e tamén
as decepcións, porque a vida está chea deles. Pensa antes de dicir que algo non
che gusta, porque poderías cambiar de opinión.
O que máis me gusta da vida, é que dentro dela, gústanme moitísimas cousas:
a familia, os amigos, o cantar dos paxaros... sempre podes cambiar de opinión.
A vida … pode gustarche … ou non.