Grazas MONTES!!!!!!
Os montes son moi importantes porque neles está o 70% de auga doce
do mundo,hai alimentos moi importantes, plantas curativas ...e, ademais,
beneficia aos que viven deles e aos que viven en terra chá. E neles viven
mais de 720.000.000 de persoas.
Eu tamén creo que lle dan encanto as paisaxes. Vivan os montes! Hugo
Eu tamén creo que lle dan encanto as paisaxes. Vivan os montes! Hugo
No monte hai millóns
de cousas, non é como na cidade que hai centros comerciais, internet, cafeterías...
O monte é diferente
á cidade. Alí é onde neva e é moi divertido, e aparte, se non hai cousas
no monte que si hai na cidade, pois podedes ir un día a comprar o que necesites.
O monte é divertido porque podes quedar con todos os teus amigos na cima da montaña e contar historias
de medo.
O monte e xenial! Uxía
Os nosos montes
|
Os bosques son parte da nosa natureza pero os montes máis, porque teñen
lagoas, ríos, bosques... Algúns son moi bonitos coa neve que lles cae.
Nos montes hai verde por todas as partes.
Como hai animais, tamén hai pobos con xente alegre que ten todo o que
necesita alí enriba ( ou abaixo ) a parte das vistas: auga, dos ríos e lagoas;
enerxía da auga; alimentos dos mercados e dos árbores frutais.
O monte é o mellor lugar para vivir, e hai que coidalos, reciclando... Irina
O monte é moi importante porque alí viven moitas persoas e é abrigo de
moitos animais. Ten unhas vistas preciosas e cobren unha gran parte do mundo. Alí
viven plantas medicinais e hai alimentos como mazás... Ese sitio é acolledor e
hai moito por explorar e é moi bonito. E anque non pareza nos montes hai moitos
moitos pobos. Os montes son moi importantes. Adriana
Os montes dannos moitos beneficios:
Hai auga doce, alimentos de
moitos tipos que proporcionan as
diversas plantas que hai no monte e ademais
o monte encántame, é un lugar puro apartado de coches ou de calquera outro
elemento contaminante. A beleza dos prados cheos de herbas e de animais en
plena liberdade sen que ninguén correra tras deles. O monte é un lugar
pacífico, non hai nada mellor ca iso porque eu síntome como na miña casa. Anque
no monte hai máis silencio e tanquilidade que na miña casa. Adrián