O día 12 de decembro asistimos á representación teatral da "Tropa de Trapo" que resultou ser FANTÁSTICA. Estas son algunhas das nosas opinións:
*Gustoume moito a actuación porque os actores eran moi divertidos e as historias foro educativas e moi interesantes. Gustaríame volver a velos.
*Os contos que contaron tiñan unha moralexa e gustáronme un montón. Polo nome do grupo pensaba que ía ser un teatro de marionetas. A batería era xenial.
*Paseino moi ben atendendo ás historias e participando nalgúns momentos.
*Gustoume moitísimo o teatro. Grazas á Tropa de Trapo porque me rín con toda e reflexionei sobre as mensaxes dos contos.