REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 5 de diciembre de 2013

A NOSA PAISAXE


A  CIDADE  VERDE
A paisaxe ten unhas montañas con moitos bosques, unha cidade chea de edificios, un cámping,un río e máis un parque.
Hai tres montañas moi,moi , moi  vellas, xa que están moi redondeadas.
Na cidade hai un edificio con piscina, un cine con moitísimas salas  e un colexio, o CEIP ILLAS CÍES.
Ao sur da cidade está o “Cámping Arco da Vella”, un cámping rodeado de arbustos que está  ao lado do Parque Natural. Nel hai unha gran fonte, “A Fonte dos Desexos”, dela din que se botas unha moeda concédeseche un desexo.
 Máis abaixo está o río “Celeste”, o río máis longo, profundo e cristalino da  zona. Nel viven os patos “Arco da Vella”, unha raza que só se pode atopar aí. Neste río tamén hai un peirao no que atracan os barcos que van por el.
Na Cidade Verde pódese escoitar auga caendo, animais, coches,… pero, o que máis se oe é o canto dos paxaros, dos miles e mliles de paxaros que    hai.
Cando ves esta paisaxe impresiónaste moitísimo xa que é unha gran cidade en medio dunhas montañas e dun  campo xigantesco. ALEJANDRO

Se eu estivera nun sitio así estaría moi feliz. Pasearía a miúdo,andaría algunha vez en barco e xogaría moitísimo con todos os nenos e mailas nenas. NICOLE

Escoito unha paisaxe limpa, sen contaminación. Con parrulos e cisnes que nos demostran que os cidadáns que alí viven respectan o río e polo tanto a Natureza. E sobre todo vexo á xente feliz. ICÍA

Hai concordancia entre todos, xa que ninguén molesta. BRUNO

HISTORIA DA PAISAXE DA NOSA AULA
Érase una vez, na aula de  quinto, unha porta que non tiña mural. Era moi sosa e todos se rían dela. Un día decidiron facer un mural  dunha paisaxe. Tardamos días, recreos enteiros, horas de clase e tempo na casa. Ao final, fixemos un mural precioso, unha paisaxe na que non faltaba de  nada. Tiña un río, unha ponte, unhas montañas, unha posta de sol, persoas, mascotas, fonte, flores de moitos cores, barcos, árbores, edificios,o noso cole  …..
Nesta paisaxe escoitase o ruído  do río, os cantos dos paxaros e as persoas rindo.
Cando miro a paisaxe sinto que cobra vida propia porque as persoas rinse, a auga do río parece que medra e o sol vaise escondendo pouco a pouco hasta que se  fai de noite. A nosa paisaxe gústame moito. Quedou preciosa! RAQUEL