REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 27 de octubre de 2014

CHARLA SAUDABLE



Hoxe, 24 de outubro, veu Arancha a darnos unha charla na clase de Coñecemento do Medio. Arancha é enfermeira e estase especializando en pediatría.
Falounos sobre a forma de alimentarnos a través dun decálogo da alimentación e máis dunha pirámide coa frecuencia que convén tomar os distintos alimentos. Tamén nos puxo ao día no tema das vacinas, que son moi, pero que moi importantes e necesarias.


 As nosas opinións:
-Estivo moi ben porque repasamos o que xa estudamos e se tíñamos algunha dúbida era o momento de aclarala.
-Interesante e resultou moi amena.
-Explicábase moi ben e con palabras fáciles de entender.
-Agora temos un maior coñecemento das vacinas e de como reacciona o noso corpo.

-Resultou entretida  e aprendemos a coidarnos un pouco máis.
-O final foi sorprendente e encantounos porque xogamos a un  “TUTIFRUTI  SAUDABLE” con agasallos de material médico  quirúrxico incluido.


Graciñas Arancha!!