O neno que non
quería facer os deberes
Hai un tempo, un neno non quería
facer os deberes. Os seus pais estaban desesperados.O neno tiña unha axenda
bastante ocupada porque tiña todos os días actividades extraescolares.Como non
remataba os deberes, éralle imposible asistir e así pasaron uns cantos días. O
neno pasaba horas enteiras diante dos traballos de deberes ata que un día leu
no xornal: ” AS HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR
FELICIDADE”. Desde entón remata axiña e talle tempo a ir ás actividades
extraescolares e máis a xogar.
HUGO
O neno aburrido
Érase unha vez un neno que sempre estaba aburrido porque non sabía que
facer cando non lle dicían o que tiña que facer. Xogaba cos seus pais porque
lle obrigaban. Sempre tiña horas libres pero ocupadas.
Un día os seus pais fóronse de viaxe por asuntos de traballo ,eran actores,
e el quedou coa súa avoa. Con ela non podía xogar porque como era moi maior,
tiña 89 anos, e leváballe moito tempo facer as tarefas da
casa, pois aburriuse moitísimo. Entón comezou a xogar coa súa imaxinación.
Xogou e xogou moito tempo porque se sentía feliz. Foi nese momento cando entrou a súa avoa e díxolle:
-“AS HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR
FELICIDADE”
E o neno non volveu a aburrise nunca máis.
ALEJANDRO
Sara
Unha nena chamada Sara estudaba nun colexio no que estaba cinco horas
diarias e ademais tamén tiña actividades cada día: baile, música, pintura … Non
tiña tempo de facer os deberes da escola porque os seus pais como non querían
que se aburrise, anotárona a unha chea de actividades.
-Mamá, eu quero ter algo de tempo libre.
-E que nos queremos que esteas entretida.
-Eu quero dispor de tempo par min.
-Vale! Non irás a tantas actividades.
Sara agora atopábase moi feliz porque tiña tempo para xogar ela soa.
Os seus pais comprenderon que “AS HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR FELICIDADE"VALERIA