REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 23 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS!!!

O curso 2013/2014 rematou.  Despois do moito que traballamos merecemos  ter unhas boas vacacións para estar fortes e espertos para o curso   2014/2015.  
  

martes, 17 de junio de 2014

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE



A  BATALLA  VERDE
Érase unha vez un planeta chamado “Ambientis” no que sempre se coidaba o medio ambiente.Tirar algo non biodegradable ao chan era penado pola lei.

Polo tanto, o planeta estaba en perfecto estado. Ata que un día chegou “Contaminator”, un robot capaz de contaminar calquera cousa.

Empezou contaminando bosques, mares, desertos … e despois foi polas cidades.

Foi contaminándoas unha por unha por unha, ata que chegou á capital, “Verdius City”.

Pero fixo mal, xa que alí vivía un gran superheroe “Green-Man” capaz de descontaminar calquera cousa:

-Eh, anaco de  lata, para xa!

-Eu, debo contaminar to-do.

-Xa verás! Raio Descontaminante!!!!

-Biiiip … Acti-vando Raio Contaminante.

E entón saíron dous raios, un verde e outro vermello.Chocaron e explotaron.

Por un momento só fora un gran destello, pero ao terminar o destello viuse que non fora unha luz, senón que recuperou o estado verde.

O planeta volveu ser un gran paraíso da natureza.

-Toma iso, robotiño!

-Biiiiiip … Volverei e ter-minarei coa exis-tencia da na-tureza.Ah, ah, ah!!

Entón os vermellos ollos do robot apagáronse e, medio destruído, desplomouse sobre o chan.

Ao día seguinte toooodo o mundo celebrou a vitoria de “Green-Man”.

Pero unha noite volverá ás andadas o terrible “Contaminator” e alí estará  “Green-Man” para parar a súa contaminación.

                                           Alejandro



“MEDIO AMBIENTE”
Había unha vez un bosque que vivía en paz. Todos os animais vivían en perfecta armonía con ese medio ambiente tan puro, e, sen contaminación. Pero, un fatídico día, apareceron un montón de escavadoras e maquinaria pesadas de construción. Peces e animais terrestres morreron, os ríos contamináronse.  Ata que un día as máquinas pararon de traballar xa que se deron conta de que non hai que destruír o medio ambiente, senón, deixalo crecer.  Aí, a xente deuse conta dunha valiosa lección.

                                                                                  ÓSCAR

O medio ambiente
O medio ambiente é moi bo porque mellora o aire que respiramos para que onde vivamos non estea moi contaminado. De feito o medio ambiente axudoume fai un ano, curoume unha enfermidade.

Eu caera enfermo entón fun ao médico e  fixéronme unha especie de infusión, tomeina e cando xa estaba mellor dixéronme que esa infusión era das plantas machucadas. E así,foi como me axudaron as plantas por iso na miña casa e nas dos meus avós teño moitísimas plantas.

As plantas precisan dun medio ambiente axeitado para poderen vivir.

ADRIÁN

O medio ambiente é todo o que nos rodea e sempre ten que estar limpo. Se non o coidamos, non reciclamos, non limpamos, morre. E se morre nos morreremos tamén. O que o estropea poden ser os: incendios, desecamentos de lagoas... Pero o que axuda e debemos facer é: a reforestación, a protección de especies e espazos...Todo iso pode axudar ao medio ambiente para que estea verde. Tamén e importante reciclar e recoller o lixo das praias, mares, océanos, ríos, parques...O medio ambiente é o mellor e hai que gozar de el porque algún dia no futuro pode que xa non exista así, que a protexelo.


                                                  ADRIANA

O día do fin
Érase unha vez unhas árbores que, por falta de coidados, reveláronse. Despois de pensalo ben,decidiron non facelo, porque se convencían aos demais árbores para irse á terra quedaría sen osíxeno e sería a súa fin,e así fixeron. Reuniron un exército de árbores dispostos a irse nun cohete que lles roubaron a N.A.S.A . Un teixo viuno todo e dispúxose a falar coas árbores. Púxose a falar e falar pero non lle facían nin caso, así que chamou  aos demais teixos, e entre todos, cortáronlle o paso ás árbores,e o xefe dos teixos  comezou a falar:
-Porque vós ides?
-Porque queremos  coidados
-Pero se vos fabricades o voso propio alimento!
-Non é iso, o que queremos e que os seres humanos nos abracen, nos canten, nos falen...
-Pois nós, os teixos, convenceremos aos humanos.

Despois dalgún tempo os teixos convenceron aos humanos e,en todo o mundo celebrouse a C.A.D.A.P.O.A (convención anual de amor para os árbores)E así levantouse unha estatua en honor ao teixo que salvou o mundo.Os árbores, os animais e os humanos foron felices.

                                                                                           HUGO



CONSELLOS  PARA COIDAR O TEU MEDIO AMBIENTE:


- Reciclar o lixo.
- Non tirar o lixo ao chan.
- Recoller o lixo que ti encontres no chan.
- Non desperdiciar a comida que non comas.
- Volver a reutilizar as bolsas de plástico.
- Ir en autobús, en bici ou notro medio de transporte 
  menos  contaminante.
- Non fumar.
- Plantar  árbores.
- Construír menos fábricas.
- Non tirar nada ao mar.
- Non tirar o aceite ao lixo.
- Coidar os parques.
- Facer do teu mundo un mundo mellor.
                                                            Raquel
                                                           

lunes, 2 de junio de 2014

O FEÍSMO



O   FEÍSMO

Feísmo é una palabra “rara” que se refire ás paisaxes que teñen algo engadido polos humanos  que as estraga. Nunha paisaxe fermosa hai algo que a rompe, que non concorda co que lle rodea, que nos produce un impacto visual que nos choca. Que aínda que poida resultar gracioso ao principio, enfastía esa paisaxe porque prexudica gravemente a Natureza, estamos ante o feísmo.


Unha ollada a unha paisaxe deste tipo faiche pensar e polo tanto reflexionar. De súpeto algo moi bonito convértese nalgo que non causa  boa sensación porque destacan de forma negativa elementos que afean a paisaxe, mátana.

Non podemos rendernos ante estas situacións que fan que paisaxes preciosas, pasen a ser paisaxes  feas, imposibles de mirar.

O feísmo pódese evitar si a xente é coidadosa e as cousas que non serven tíraas no  lugar apropiado e non na praia, no medio dun campo,… facendo un uso que non é o seu.    

Se escribimos en Google: "chapuzas Galicia", atoparémonos con fotos do feísmo en Galicia e decatarémonos do que non se pode permitir. Tiñan que obrigar a retirar o que non está ben e molesta.


A paisaxe temos que coidala entre todos!

NO RECREO

LETRAS GALEGAS

TEATRO: NO RECREO


Inventamos unha obra de teatro na que escenificamos conversas dun día no recreo e,como non, partindo da nosa experiencia xa que somos usuarios habituiais.
Rematamos cun novo baile facendo unha coreografía para a canción "O TREN", número un aló polos anos 60/70.