REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 17 de abril de 2013

ATENCIÓN EDUCATIVA. HISTORIAS CON "VALORES"


PEDRO
Pedro é un neno esbelto, con ollos azuis e o pelo loiro. Gústalle o perigo das súas aventuras. Gústalle o chile picante e os tacos mexicanos. Odia irse a durmir, porque quere seguir xogando a PS3 ou no parque.
Viviu aventuras coma tirarse por unha catarata e saíu ileso; fixo que o seu can tivese 3 ollos e 10 patas.
En definitiva é un neno moi zumbado, e aínda que isto último inventárao.
Pedro deixou tanta “adrenalina” destas aventuras, para vivir unha vida normal e corrente.



HAI QUE CONTROLARSE
Como Pedro deixou esa vida de aventuras, decidiu ir ao instituto, o único que gañou con iso foi, unha expulsión!
Por que? Preguntarates. Pois moi simple. Non se concentra, e a que leva iso? Pois que grita en clase e iso causa dores de cabeza. Ou tira os cadernos pola ventá ou queimaos.
Ata que foi ao despacho do director. E dille o director:
-Pedro, non podes facer máis tolerías coma esas. Terás que ir a clases de autocontrol.
-Non, o único que pasa é que non me podo concentrar.
-Terás que buscar un remedio.
Pedro sempre o intentaba pero, acababa facendo algo máis tolo do habitual. Sempre acaba en fracaso, e sempre lle dicía ó director:
-Non me expulse.
Pero ao final sempre acababa expulsado porque era un neno moi aloucado. Cada día estaba máis triste ata que un día preguntoulle a súa nai:
-Teño que preguntate unha cousa?
-Que queres filliño?
-Necesito que me ensines a autrocontrolarme.
Pasaron meses e meses e chegou un día no que non o expulsaron e lle deron unha medalla por coseguir autrocontrolarse.


QUE BOS AMIGOS

Pedro estaba na súa casa vendo a TV e chamouno un amigo. Queria quedar no bar da “Terracita”.
Cando chegou Pedro comezaron a falar:
-Pedro, necesítoche para facer un truco de skate.
-Si, e...
-Sabes que atraparon cerca das illas Cies?
-Si.
-Pois levarono ao acuario da Coruña e queren que alguén salte unha piscina coa quenlla dentro.
-Vale mañá saimos para A Coruña
Os dous amigos chegaron ó acuario e cerca de alí estaba a piscina, así que foron a vela.
Había moita xente. Cando se encontraron cos organizadores dixéronlle que como ía saltar unha piscina tan grande.
-Pois moi fácil, cun “boogie” para coller velocidade.
E como non, o amigo de Pedro tiña que conducir o coche.
Chegou a hora do salto. Estaban moi nerviosos.
-Non pares de acelerar aínda que che diga para.
Empezou a acelerar e Pedro estaba agarrado á corda que estaba atada ao coche.
Cando chegou á velocidade correcta Pedro soltouse, subiu pola rampa e saltou, mentres que a quenlla intentaba pillalo.
Os segundos do salto foron interminables.
Pedro chegou ileso ao outro borde, coma se nada houbese pasado eso si, o corazón ía a douscentos pero estba ben.
E que ten que ver isto coa amizade: que os bos amigos poden superar calquera cousa.
 
ANTI-TRAMPA
Xa sabedes que Pedro é unha desas persoas que vive a vida ao limite, ou polo menos vivíaa, asi que volve ás andadas.
Decidiu apuntarse a un campeonato de BMX estilo libre, é dicir, eso dos saltos etc.
Foise a California, e cando chegou ao lugar do torneo o campión do ano pasado xa non era o mello, xa que había xente máis boa ca el.
Día 1 do torneo:
O campión vai a convertirse no ex-campión xa que Pedro e algún máis eran moito mellor ca el. Pedro quedou de terceiro cando acabou o día.
Cando o lugar estaba a punto de pechar, as 12, Pedro ía a sair cando viu ao ex-campión afloxando unhas torcas das bicicletas dos mellores, ou lle desengrasaba as cadeas...
Pedro grabou iso coa súa cámara, nunca vira a alguén así.
Día 2, o último:
Pedro avisou aos demais, e claro, o tramposo levouse un chasco cando non funcionou.
Ao final, Pedro quedou de 2º e o tramposo de 3º.
E o que fixo Pedro cando viu iso o único que podía facer era ensinar o video que grabou.
A policía chegou a tempo para deter ao tramposo.
Finalmente, en honrra a Pedro fíxoxe unha festa.

A SUBASTA
Pedro é un neno moi perseverante. Nunca se rinde. Cando ten algo metido na cabeza non se rinde ata que o consigue. Un día estivo a punto de renunciar ao seu sono que tiña en mente.
Pedro ía case todos os días ao cuble dos videoxogos. Un luns o mestre dille aos nenos do clube:
-Este sábado organicei unha excursión.
-E de que trata?
-Imos ir a un salón, mellor dito unha subasta de videoxogos.
-Que guai. Só necesitades a autorización firmada dos vosos país e diñeiro.
Todos os nenos estaban entusiasmados. Entón chegou o día tan esperado. O mestre dille aos nenos:
-Xa chegamos, sentade ahí por favor.
Os nenos foron obedentes. A subasta comezou. Entón empezamos a votar. O que daban eran videoxogos. Pedro comezou a votar pero un neno tamén o quería. Despois de dez minutos seguían votando, ata que Pedro se quedou sen cartos aínda que o outro tamén. Pedro pediulle ao mestre e prometeulle que llo devolvería. Entón o mestre aceptou.
Pedro rematou gañando e estaba superfeliz.
 
UN EXAME DE CALMA
Eran as 12 da noite, un venres e estaba nervioso, tomeime tilas e fixen todo o posible para relaxarme ou durmir.
Ah! Claro ainda non vos contei o motivo de porque estou asi, escoitade:
Onte fixen un exame que valía a metade da nota final.
Costoume un pouco, en xeral, pero houbo unha pregunta, a ultima, que puxena a B-O-L-E-O, boleo, e por iso estou preocupado.
Bueno e iso e máis ou menos o que pasou.
Como non sabía que facer púxenme a ver a tele.
Non durmía e non o conseguía enton fun a dar un paseo. Nuns instantes encontreime a Guille, ese que me axudara a saltar a quenlla.
-Estou moi nervioso, Guille
-Por que?
-Por un exame e fixen todo o posible para relaxarme...
-Pois...Xa sei vin a un señor que facía hipnotismo.
-Veña imos!
Cando ese “mago” intentou hipnotizarme, non ocorreu nada.
-Mira neno ti tes que pegate un bo baño quente.
-Vale probarei.
Funcionou e saquei un 10. Siiiii!
AMOR
Pedro sempre estaba cos seus amigos e cando intentaba falar coas nenas poñíase moi colorado e nervioso.
A súa nai animábao pero nunca o conseguía. Un dia sucedeu ese milagro, Pedro puido falar cunha rapaza. Todo comezou no instituto.
Pedro estaba coma sempre cos seus amigos, e vai un rapaz e dille:
-Pedro, que che pasa?
-Nada, que me gusta unha nena pero non sei como dicirllo, sen que me poña nervioso.
-E, para que estan os amigos? Nós axudarémoste.
-Grazas, sodes moi amables.
Pedro agora estaba contentisimo co que lle dixeron. El nunca perdería a esperanza de que un día llo dixera.
Pasaban dias e semanas, e cada día Pedro acercábase máis a Belén, esa nena tan fermosa que lle gustaba. Ata que un día empezaron unha caonversa:
-Ola Pedro, como estás?
-Moi ben, e ti?
-Eu fenomenal.
-Ah si? Por que?
-Pois porque levo un días vendo a un neno que me gusta e non sei como llo podo dicir.
-Se queres eu pódote axudar.
-En serio, moitas grazas.
Pedro chegou a casa destrozado, non o podía crer, a aquela rapaza da que estaba namorado gustáballe outro. Chegou a súa habitacion e sen querer empezaronlle a caer gotas de auga pola cara. Anda que ao día seguinte ía sentir o contrario.
Pedro acercouse a Belén e empezoulle a falar.
-Belén, queres que che axude a decirlle a ese neno o que sintes?
-Si, vale.
Entón Belén cóllelle as mans a Pedro e dille:
-Gústasme dende a primeira vez te vin.
-Perfecto encantoume, agora so llo tes que dicir a el.
-Xa llo dixen, ese rapaz es ti.
-En serio non o podo crer. Queres saír comigo?
-Se queres, quero.
Os dous namorados pasaron o último trimestre do curso sendo parella. Según Pedro iso foi o mellor que lle pasou na vida. 
 LORENA&LOIS

  TAI, O PACIFISTA BIPOLAR.
Tai é un neno que ten dúas personalidades que son: a divertida e a aburrida.
Cando a súa personalidade é divertida ten pelo louro ollos azuis e sempre leva gafas de sol. A estrutura da cara é normal, é alto e atlético.
Cando a súa personalidade é aburrida:
Ten o pelo marrón, os ollos verdes e sempre está colorado. E por suposto, aburrido.
Só teñen unha cousa en común ,teñen a mesma altura.
Teñen coma rutina cada dous días cambiar de personalidade!
A HISTORIA DE TAI
Tai cando tiña cinco anos mudouse a Francia. Alí un día normal e corrente foi ao médico, foi a unha consulta de revisión e non que lle detectaron a súa bipolaridade.
Daqueles días traballou moito haber se se lle quitaban a bipolaridade. Pero o conseguiu?NON. Tai estivo recordando porque puido ter a bipolaridade. Despois de varios dias pensando decatouse de que o único que podería ser era un froito que lle deu un anciá. O neno foi a xunto do ancián e díxolle se fora o froito que lle deu o que lle provocou a enfermidade. O anciá díxolle que estaba posuído. Tai non lle creu e foise.
Que pasara coa súa enfermidade?
O PRINCIPIO DE TAI
Cando era un adolescente xa Tai tiña varios problemas na súa casa. De repente estaba contento e púñase triste. De maneira que os seus pais levárono o psicólogo que lle detectou unha bipolaridade. Os pais preocupados foron desconsolados para á casa. O neno moi seguro de si mesmo decidiu comezar unha aventura. Aínda non sabía o que lle esperaba. O neno vai en busca de xente coma el. O neno encontrou a alguén coma el nun pobo, a un neno chamado Erik. Vivía en Galicia, en Samos.
Os nenos subiron a unha montaña. Nesa montaña había unha árbore que lles podía curar pero...
Tai dixo
-Eu quero que me acepten coma son.
Erik estivo dacordo.
Aceptáronse a si mesmos.

ESPERANZA E DEPORTIVIDADE
Tai foi a xunta dun manager. Pediulle que lle recomendara un deporte. Sabedes o que lle recomendou?
Voleibol. Aos dous dias foi á clase de voleibol. Non lle gustou, volveu ir a xunta do manager , esta vez recomendoulle baloncesto , a os tres dias foi á clase, sabedes que pasou? Que o deixou. A terceira vai a vencida pois, así foi, a terceira apuntouse a pádel, o pádel encantoulle!! Era moi bo!! Agora sempre todos os luns e xoves vai a pádel. Con esperanza e deportividade conseguiuno.
AMIZADE
Tai estaba sempre só. Un día na súa casa colleu e púxose a xogar coa play. Dous dias máis tarde foi a xunta da súa nai e díxolle que lle gustaría ter amigos. A nai preguntoulle a Martín, que era fillo dun amigo . Un día quedaron para xogar á play e enfadáronse porque Tai dicía que facía trampas. Estiveron uns días sen falarse. Pasados uns días encontráronse, pedíronse perdón e Martín díxolle a Tai que si eran amigos de novo.
-A nosa amizade e mais importante que unha tolería de xogo- respondeu Tai.
O CAN PERDIDO                                                  
Un dia que Tai estaba xogando tranquilamente na súa casa, chamaron á porta. Abriu porque era e a súa veciña.
-Poderías coidar do meu can?-preguntou a veciña.
-Claro que si.-Dixo Tai
A veciña marchouse e Tai púxose a xogar co can.Despois de xogar un ratiño tivo sede e foi beber auga á cociña. Nese tempo o can aproveitou para escapar. Tai buscouno por todas partes pero non o encontrou.
Cando chegou a veciña a recoller o can, contoulle o que pasou.A veciña non se enfadou, sabía que o seu can se escapaba con moita frecuencia e depois volvía el só á casa. E así foi, o máis importante foi que Tai demostrou que era moi responsable.
 N ICA&DAVID
 
LAUYAN
Lauyan é un hasky que vivía en Alaska xunto aos seus pais ata que estes morrereon xuntos de frío caendo por un oco dun lago xeado. Salváronno do mesmo falecemento que os seus país uns esquimais que logo emigraron e deixárono só.
O can foi sen rumbo polo bosque, sen cobixo nin comida. Levaba camiñando varios días e atopouse unha cova onde pasou un tempo tratando de sobrevivir. Coñeceu a xente coa que pasou aventuras e aprendeu moitas cousas. Coa súa pericia, valentía e intelixencia resolverá mil e unha situacións...

                     DE AVENTURAS POLO BOSQUE
Un día ao mencer, cando xa se borraran as bágoas de soidade da faciana de Lauyan, saíu a buscar comida para sobrevivir.
Cando saíu da cova, cravouse unha ramiña na pata e doeulle tanto que, a alaridos pedía axuda:
-Ayyy! Dóeme moito!-berraba.
Por sorte, un coello branco que pasaba por alí curoulle a ferida e acolleuno na súa casa. El estáballe moi agradecido: xa tiña un amigo! Lauyan e Mico (o coello) fixeron moi boas migas e coñeceron a máis amigos.
Un día Mico, Lauyan e outros amigos: Lola(o esquío), Flora (a loba) e Perico(o paxaro) ían a merendar. De súpeto, cando xa todos devoraban os pasteis e sándwiches, apareceu un lobo e dirixiuse cara aos amigos:
-Dádeme as tartiñas-dixo.
-Son pasteis e tamén son nosos-dixo Lola-non chos darei.
O lobo ruxiu moi forte e xa ía papar a Lola cando Lauyan apareceu e díxolle, ruxindo a todo pulmón, que non lles molestara.
O lobo quedou aterrado e fuxiu tan rápido coma foi alí e todos felicitaron, extasiados a Lauyan:
-Puxéchelo no seu sitio, grazas por evitar que me pape -díxolle Lola.
-Fuches moi valente -comentou Mico.
-Ben por Lauyan!!!!!-berraron ao unísono Flora e Perico.
E a si foi como Lauyan conseguiu amigos. E é que os amigos son o maior dos tesouros.

                                               O FOGAR DE LAUYAN
Pasaba o tempo e Lauyan sentíase cada vez máis a gusto no bosque. Tiña moitos amigos e sabía onde calmar a súa fame e sede, só lle faltaba algo: a súa propia casa.
Dende un dos seus primeiros días no bosque, Lauyan facía vida na casa de Mico, pero iso xa remataría axiña.
Cando llo comunicou, Mico enfadado dixo:
-A min non me molestas aquí. Se é por iso, non te vaias.
-Non, non é por iso. Preciso unha casa propia para ser máis independiente -contestou Lauyan.
-Ben, dacordo. Mañá ao mencer iremos a buscar todo o necesario para decorala. Quedou ceibe unha cova por aquí preto- zanxou Mico.
Ao día seguinte, foron a visitar a cova e a comprobar se estaba en bo estado. A resposta foi que si.
-Pois non hai máis tempo que perder! Quédate aquí mentres eu vou buscar material...
Un rato máis tarde Mico volveu con ramiñas, follas, restos de froitos secos...
Nun periquete a cova estaba gustosamente decorada.
Lauyan e Mico, esgotados, foron cada un á súa casa e Lauyan quedou alí.
Pola noite, unha fortísima tormenta caeu sobre o bosque. Isto fixo que a cova estragárase por varias zonas e que montonciños de terra cubriran o chan.
Ao día seguinte, Flora, a loba pasaba por alí con Lola, o esquío, e ollaron isto.
-Lauyan! Pero que che pasa?-preguntou Lola, estrañada- E que fas aí?
Lauyan esplicoulles todo o da casa e o derrubamento.
-Pois...non hai tempo que perder!Imos amañar o buraco!-exclamou Flora.
E, cunhas ramas e algo de area mollada puxéronse a cubrir o buraco do tellado.
Parecía que quedara xenial cando unha brisiña derribou o amaño feito polos amigos.
-Poñédelle maís terra espesa!-dixo Lola.
Cun gran esforzo conseguiron tapar o buraco e a casa quedou xenial.
LAUYAN E O XABARÍN
Lauyan ía polo bosque morto de frío. De súpeto atopouse cun xabarín ferido cunha astilla cravada na man.
Lauyan foi correndo a axudarlle, o xabarín que apenas tiña un ano non sabía nin porse de pé. Lauyan contou ata tres:1...2...3 sacoulle a astilla de un tirón moi dolorido púxose a chorar. Lauyan coidouno coma se fose o seu fillo.
Aos doce anos Lauyan contoulle a súa historia e o xabarín pensou:
-“Que bo pai teño!” Agora sei porque me repite que a vida é moi longa e hai que vivila a tope. O meu pai é o mellor amigo, pai, irmán ata avó que un xabarín pode ter”.
O AMOR
O amor e algo que Lauyan non entende e nunca o experimentou.
Flora esta moi namorada de Lauyan , pero tiñan un problema. Lauyan pedíralle saír por unha carta. Pero ela respondeulle que llo dixera á cara, non cunha carta. Flora estívoo perseguindo todo o rato, mentras lle dicía:
-Sé ti mesmo e dimo á cara.
Lauyan díxollo á cara e conseguiu que lle respondera un ''tal vez'' , enfadouse tanto por ilo que lle dixo que o deixara en paz.
Ela seguiu perseguíndoo. Lauyan pensou: ''O que se fai por amor''.
MICO VAISE
Lauyan ten ganas de ir xogar ao fútbol nun claro día soleado do mes de maio, e a maioria dos animais estaban camiñando ou falando no medio da praza.
Todos se reuniron para ir a buscar a Mico á súa casa. Ali atopárono cos ollos chorosos e cun telegrama na man. Corren cara el e apértano.
-Que che pasa Mico? -Din ao unísono cariñosamente.
-A miña avoa enfermou -Di Mico entre bágoas.-Vou á súa casa a coidala.
Todo o mundo soubo comprender que Mico estábao pasando moi mal. Fixéronlle unha bonita e agarimosa despedida cando marchou.
-Adeus Mico!!
LAURA&YANKO