REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 17 de enero de 2014

OS ESTADOS DE ÁNIMO NA ESCOLA SEGÚN JORGE BENAVIDES


Na escola os nenos poden ter distintos  estados de ánimo. 

*Os máis comúns son:


Tristura, cando a un neno lle pasou algo na casa, na escola...é moi grave se pasa iso.



Alegría porque cando a un neno lle pasou algo bo esta contento e fai as cousas ben.



*Os menos comúns son:



Enfado  cando non queren facer nada  porque na escola burlan del.



Despistado cando algunha persoa non fai nada porque se distrae con calquera cousa e molesta aos demais.



-Solucións para a tristura:



Estar con el, axudarlle cos seus problemas...



-Solucións para o despistado:



Vixiarlle cada pouco, ver canto fixo e dicirlle canto tarda en facer os traballos.

lunes, 13 de enero de 2014

SOL, O CARACOL

O caracol Sol non era un caracol calquera. Era moi especial. Gustáballe coma a todos os caracois tomar o sol (que lle daba moitísima enerxía) e estaba sempre pendente de axudar a outros caracois que andivesen despistados. Sol era moi valente, nunca tiña medo. El podía comunicarse con outros seres vivos.

SOL AXUDA A COMPARTIR

SOL APRENDE A COMPARTIR
Unha noite de primavera Sol foise a cear ao bosque. Avisou a Mandi e a Ernesto, pera que levaran o que ían cear. Cando estaban no bosque, Mandi e Ernesta olvidáronse da auga, e Sol, non quería compartila. Mandi e Ernesto tiveron que ir ás súas casas para beber. Sol quedouse só, e non lle gustou. Ao día seguinte Sol perdoounos e díxolles que dende agora ía compartir. Icía Min

COMPARTILANDIA
Fai moito tempo nun pais moi lonxano onde vivía Sol, un caracol moi valente que axudaba a quen o necesitase. Foi a unha aldea onde todos eran moi caprichosos. Queríano todo para si mesmos e non se daban nada porque todos eran caprichosos. Sol ensinounos a compartir a todos e para logralo probou moitas maneiras. Cando aprenderon a compartir,  ese lugar chamóuselle  Compartilandia, debido a que a partir daquel dia, todos comezaron a compartir. Adrián

NON COMPARTIR É MALO
Outro día,  Sol encontrouse con tres pitos pelexando por unha miñoca e  díxolles que se podían facer moito dano e o mellor era partir o verme en tres partes. Pero os pitos  dixéronlle  que non.
Máis tarde Sol volveu para ver que tal estaban e tiñan moitas,  moitas feridas. Pero ó final partiron a miñoca  e todos prometeron compartir. Adriana



SOL E OS XOGOS

SOL ENSINA A XOGAR
Fai millóns de anos vivía  Sol un caracol moi especial. Cando paseaba encontrouse cun neno que estaba moi triste porque non tiña xoguete para xogar e Sol intentou axudalo. Pasou por unha cidade que tiña moitos xoguetes, pero os nenos de alí non sabían xogar. Sol propúxose  axudalos para que souberan xogar todos ben. Estes aprenderon moi rápido. Logo todos os rapaces déronlle  as grazas a Sol por habelos ensinado a xogar. Os rapaces déronlle un regalo, o cal era un xoguete. Sol volveu onde aquel rapaz que estaba triste porque non tiña xoguete. Como Sol era un bo caracol deulle o xoguete para que este tamén fora feliz igual cos doutra cidade. Adrián
 

HAI QUE XOGAR!
Paseando Sol  encontrouse cun amigo chamado Pepe. Pepe era o caracol máis aburrido e ocupado que había naquel quinteiro, nunca xogaba e a verdade é que non sabía. Como Sol viu que estaba só e que necesitaba compañía foi a facerlla el. Pepe queríase ir porque non estaba acostumado e estar á carón doutros pero Sol  díxolle que quería ser o seu amigo, que non se preocupara que lle ensinaría a xogar. Xa non  ía ser un caracol aburrido e no tempo libre podería xogar. Adriana

O DOMINÓ
Ao día seguinte Sol foi xunto Mandi e quedaron para xogar. O problema era que Mandi non sabía xogar e Sol como bo amigo, enseñoulle a xogar ao dominó. Díxolle:
-Tes que coller sete fichas e miralas. Quen teña o seis doble, empeza poñendo a ficha, e quen por un lado teña outro seis, pona como queira ao lado e asi ata que se terminen as fichas. Sol díxolle que se perdía, non pasaba nada. Icía Min


SOL E  A  COMIDA

COMIDA LIXOSA...NON! 
Un día Sol encontrouse co seu amigo  Frank. Frank díxolle que ía a facer unha festa. Despois da festa Sol viu que ían a comer comida lixosa  e entón Sol quíxose marchar pero non puido porque quen entraba non podía saír ata que a festa acabara. Sol podía morrer de fame porque esa comida non lle gustaba nadiña de nada. Cando acabou   a festa saíu pitando para comer leituga, follas... Ao dÍa seguinte Sol viu que Frank estaba enfermo por tomar tanta comida lixosa. E díxolle:
-Non debes comer tanta comida lixosa porque  como ves   pódeste pór  enfermo. O mellor e comer  moita froita e vexetais. Adriana

BOS MODAIS
Un día Sol quixo axudar a Mandi que era a súa veciña. Tiña que axudala a que o seu fillo comera con modais. Sol díxolle a Mandi que sabía como axudar ao seu fillo.âra comer axeitadamente tería que seguir estas recomendacións:
-Pechar a boca cando se mastiga.

-Non falar cando se come.
-Hai que coller ben os cubertos…

Así, o  fillo de Mandi aprendeu a comer con bos modais. Icía Min