REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 20 de diciembre de 2013

AS AVENTURAS DO APALPADOR

O CONTO DO APALPADOR
Carlos era un neno de seis anos. Era  moi delgadiño e un 24 de decembro non quería ir para a cama. Na escola faláronlle do Apalpador  e el era verdadeiramente medoso.
Ao ser tan delgadiño, o Apalpador íase decatar e decidiu pór unha  almofada na barriga. Cando espertou  en metade da noite viu ao Apalpador.
-Que fas aquí?
-Deixándote  unhas castañas que estás moi delgadiño, durme!
-Non podo durmir sen o conto.
-Pois contareiche un conto!
O Apalpador contoulle un conto e Carlos durmiuse. Dende aquela, xa non tiña medo.
SARA

NA MIÑOCA
Un día de Noiteboa o Apalpador foi á Miñoca para regalarlle castañas aos nenos da zona  a pesar de ser un ano escaso de castañas. Percorreu todas as casas da Miñoca e notou que as barriguiñas estaban fracas e non lle chegaban as castañas. Polo que decidiu dar xoguetes de madeira e todos os nenos quedaron encantados.
RAQUEL

 
O  SEÑUELO 
Aqueles nenos querían saber quen era de verdade o Apalpador. Un que era moi espelido puxo un señuelo  feito con pedras na porta da súa casa. Pola noite alí non foi ninguén e oíuse moito movemento de árbores e follas. Todo o mundo se acorda daquel día porque o Apalpador non apareceu xamais por aquel lugar.
IRINA


O   SAGREDO   DO   APALPADOR
Na faldra do Caurel vivían dous irmáns: Xoán e Daniel.
Xoán era o maior. Alto, forte, listo e moi simpático. A  mirada dos seus ollos verdes coma o parado   hipnotizaba.
Daniel era o pequeno. Alegre, baixo e de pelo longo, rubio coma o ouro.
A noite do Apalpador, Daniel non podía durmir polos nervios da esperada visita. Ás dúas da mañá alguén petou á porta. Daniel foi ver quen era e … era o Apalpador!
Daniel espertou a Xoán:
-Xoán, Xoán! Xa ven o Apalpador!!!!
Xoán contestou:
-Para xa, Daniel. Déixame durmir, non digas tolerías.
O Apalpador entrou  e foi ao cuarto. Alí estaba ben esperto Daniel, mirando cara a el.
O Apalpador como viu que estaba nervioso tranquilizouno dicíndolle coa súa voz gastada pola idade:
-Calmate! Non lle digas a ninguén que me viches, ok?
Daniel respondeu que si coa cabeza e coa boca aberta. Dende aquel extrano sucesoo Apalpador vai visitar a Daniel toooooodos os anos.
Daniel gardou o segredo  e iste conto que aquí acaba, tamén vai ser gardado.
ALEJANDRO