REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 25 de junio de 2015

DESPEDIDA

ATA AQUÍ ESTE BLOG DO TECEIRO CICLO DA PRIMARIA NO QUE PODEREDES SEGUIR VENDO AS VOSAS CREACIÓNS LITERARIAS DE CANDO ESTABADES EN 5º E EN 6º DE PRIMARIA.
UNHA APERTA.
LUISA

COUSAS DO ÚLTIMO DÍA E GRADUACIÓN





GRADUACIÓN











PERXONAXES E AVENTURAS

MANOLIÑO, O PORQUIÑO

Manoliño é un porquiño moi menudiño, de pelo branco con manchas negras. Ten as patiñas gordiñas e as pezoñas afiadas. Os ollos grandes e de cor azul coma un planeta, leva as gafas redondas.
O seu rabo pequeno , ten un poder!! : saltar máis alto que unha persoa e correr máis rápido ca un guepardo.
As súas enormes orellas escoitan todo do arredor. É comilón e gústanlle os doces. É un valente e a inseguridade quédalle tres tallas grandes.
Vive nunha granxa e os donos nunha casa de pedra moi grande.

Máis valente, Manoliño!!!
Un día, o porquiño Manoliño viu que o granxeiro ía cara el cunha hacha na man disposto a matalo para comelo .
-Ven aquí porco!!- dixo o granxeiro.
-Axuda, axuda!- berrou Manoliño.
Manoliño saíu correndo rumbo á montaña. Alí, viuse a si mesmo e pensou que el era comida para humanos. Reuniuse con outros animais de granxa e cun galo francés.
O galo francés empezou a dirixir a revolución ante os humanos.
-Veña, a por eles!- dixo Manoliño
-Viva a liberdade!- dixo o galo con seu acento francés.
Foron todos e dispersáronse polas granxas galegas. Cada vez eran máis en número, e tamén eran máis felices.
Así os animais non foron castigados xamais. Cando Manoliño morreu, anos máis tarde fixéronlle unha estatua a el e aos seus aliados. O que nunca chegaron a pensar é que serían recoñecidos mundialmente, como “Os valentes”.

A porteira máis lisa da historia

 “Unha porteira mona pero forte”               

Onte o Celta presentou o seu novo fichaxe:

A Mona Lisa. Naceu en Italia, no século XVI. É modelo, pero o seu sono sempre foi xogar no Celta de Vigo.

O seu pai chamábase Leonardo Da Vinci e a súa nai era un pincel, pero morreu cando Da  Vinci  se sentou enriba dela. Mide 1,80 m e pesa 60 kg. Esta valorada en 25.000.000 de euros.

Ten os ollos marróns e o pelo longo, negro e liso. Ten unha boca pequena e un nariz pequeno. O seu corpo sempre foi una misterio xa que ninguén o viu porque sempre o leva tapado. É pálida e reside en París, no museo de Louvre.

O celta fichouna porque namorou a todos coa súa mirada.



A Mona aínda máis mona

Rematando a segunda tempada no Celta, Mona Lisa empezouse a aburrir do seu vestiario, so azul e negro.

A Mona notábaselle que non xogaba igual que antes, os xogadores preguntábanse que lle estaba a pasar. Mona estaba apagada e tíñalle que pór Algún remedio a esa situación, entón como es cambios os fainos o presidente, dirixiuse ata el:

-presidente, temos que cambiar  color do vestiario.

- Non, nunca!

Lisa foise, entón foi falar co adestrador. A este tampouco lle convenceu a idea entón so lle quedaba ir falar cos xogadores, estes si que estaban convencidos. Agora tocáballes convencer ao adestrador e despois ao presidente.

Días despois, Mona podía cambiar o que quixera no vestiario, entón o fixo rosa, azul e rosa.así Mona estaba contenta e xogaba coma antes.


O primeiro partido de Lisa
Mona Lisa, sendo a porteira titular do Celta de Vigo, xogou o seu primeiror partido contra o Elche. Mona non tivo oportunidades para lucirse entón no segundo partido que foi co Atlético de Madrid, nese partido Mona tivo moitas oportunidades para parar goles entón non se podía lucir. O Celta ia de mal en peor, sempre quedaban 0-0 así que o Real Madrid fichouna por 50000000 euros xa que Casillas rompeuse o fémur, e xa non pode xogar mais. A Mona Lisa era a mellor porteira en séculos, xa que paraba pouco pero con unha elegancia que so tiña ela. Mona tivo unha tempada brillante pero cando empezou a segunda xornada Lisa perdeu forma e volveu a fichala o Celta so por dez millóns de euros.


PARTIDO RADIADO
Bos días, telespectadores. Chega o día que todos estabamos esperando, o día do partido  do Celta V.S. Depor,pero algo máis, a nova porteira do Celta, a Mona Lisa, da boas esperanzas.
Chegou o momento da verdade e... comeza o partido; Nolito pásalla a Orellana, Orellana chuta, da nun pau , da no outro e así consecutivamente, parece que isto non vai rematar nunca... "pirripipipi", chegou o descanso. Comeza o partido, Nolito pásalla a Mona Lisa, a Mona Lisa chuta, o estadio fai a ola e... Au, au, au¡ Corte o micrófono, me deume  na linglua, gla se cle estlo el imploltlantle pelo eu dlimlitlo...
Ola, tivemos un percance pero xa temos o novo comentador, desculpen as molestias.
Atravesa a cabina, rebota contra a parade, contra o neno recolle pelotas, contra unha pomba e... gol, go, go, go, go, gol, gol do Celta de Vigo pola Mona Lisa."Pirripipi", rematou, que "bo" partido. Gañou o Celta 0 2. O gol máis liso da historia.


A CREMA EMBRUXADORA
Ao rematar o partido a Mona Lisa foi rumbo o Louvre, no aeroporto unha vella cunha capa negra que parecía a mala da Brancaneves levaba un bote de crema nunha man e na outra man suxeitaba  o bastón para non caer. A vella deulle o bote de crema e díxolle que con el gañaría todos os partido a súa cara seria aínda mellor. Ela aceptouna. Xa no Louvre Lisa botouse a crema por toda a cara e desmaiouse caendo o chan. O bote de crema derramouse todo. Á mañá seguinte sete botes de óleo rodeábana, levantouse, mirouse no espello e ... envellecera, a súa cara tiña máis enrugas  cunha uva pasa. En Vigo Lisa adestraba co Celta e non lle daba nin á pelota. Botárona porque xa pasaba da idade e tiña os pelos coma un estropallo e... Todo era un sono, xa nunca aceptaba unha crema nin tampouco as mercaba. Nin miraba as ofertas de calquera tipo de crema, de patacas, de sol, de cenorias, ningunha...
Decidiu ser máis natural e adestrar máis co Celta.


O  DRAGÓN  RAMÓN
O Dragón Ramón era un dragón especial porque non tiña ás.
Tiña as escamas de cor laranxa. Era vexetariano.
Encantáballe calcetar roupa para os animais do bosque.
Non lle gustaba non teñer ás .
Vive nunha cova detrás dunha cascada.Tiña catorce irmáns e todos tiñan ás.
Os seus pais chamábanse Raio, a nai, e Trono, o pai.


ANTES DE VIVIR NA CASCADA 
Unha noite calquera o bosque onde vivía a familia do Dragón Ramón empezou a arder.

Foron a outro bosque pero empezou de novo a arder, porque outro dragón vingouse  deles ( a familia excepto Ramón.)

E así un bo tempo hasta que non quedou ningún bosque e morrerían de fame porque non quedaban plantas e animais.

Un día estaban escapando dun dragón pero non tiñan ningún lugar para esconderse así que Ramón dixo :

-Atravesar a cascada, e o único que podemos facer.

E se meteron dentro e resulta que había unha cova xigante.

-Aquí sobreviviremos porque hai peixes que caen da cascada - dixo Ramón.

E así foi como sobreviviron moitos anos.

O DRAGÓN RAMÓN CONTRA OS SEUS PAIS

Os pais de Ramón eran os máis temerosos do bosque, e querían que os seus fillos tamén o foran. O malo era que tiñan un dragonciño que, aínda que non tiña ás, arreglabla todos os desastres que facía a súa familia: Se a súa nai Raio queimaba o bosque Ramón facía que a catarata parara o lume; se o seu pai Trono destrozaba as casas dos animais, Ramón lle encontraba outra casa.

Un bo día, Ramón levantouse contento, e viu unhas latas nas que poñía "cocacola" e reciclounas. Aínda que pareza raro, a súa familia axudouno e aínda que seguen comportándose como  sempre, reciclan xuntos todas as latas que atopan na contorna.

NATALIA

Natalia é unha nena de 9 anos, morena, mide 1,30 m, ten os ollos verdes e  cumpre o 19 de agosto.


Natalia é bastante tímida e medosa, sempre leva a  roupa que  á súa nai que lle  quedaba pequena.


Non ten moitos amigos , pero é unha nena feliz. Ten un irmán chamado Lucas que sempre vai con ela.


A Natalia  educárona na  casa e por iso non ten moitos amigos.


Encántalle ir ao parque e se chove quede na casa a debuxar.


Ás veces é un pouco contéstoa e a súa nai e mailo seu pai castígana.


O maior secreto dela é un diario que ten   debaixo de súa cama  no que conta todo o que lle pasa.

    NATALIA E A SÚA NOVA COMPAÑEIRA

Un día pola noite, Natalia escribiu no seu diario:

“Para mañá desexaría unha nova compañeira á que lle caia ben e sexamos as mellores amigas do mundo”.

Ao día seguinte cando Natalia foi á clase a profesora díxolles aos seus alumnos:

-Hoxe nenos, quérovos presentar á vosa nova compañeira, chamase Marisa e ven de París (Francia).
de París (Francia).

-Ola, eu chámome Marisa e teño oito anos, gústanme os xogos de mesa e non me gusta o brócoli. Vin aquí a facer amig@s e tamén a estudar para aprobar todas e ter un futuro mellor -dixo Marisa. 

A profesora puxo a Marisa xunto a Natalia.

Despois Natalia, no recreo,empezou a falar con ela todos os días, semanas, meses, anos que estiveron no colexio xuntas hasta que remataron en 6º de primaria porque as dúas amigas tiveron que ir a distintos institutos.