Preocúpame o paro porque se hai tanto paro, un día destos o meu pai ou a miña nai poden quedar en paro. Deberían facer algo para que non houbese tanto paro.
Tamén me preocupa o quentamento global, de seguir así este quentamento vainos chamuscar a todos. O bo será que non teremos que usar electicidade para cociñar porque co quentamento cociñaremos todos.
ADRIÁN
A min preocúpame que unha xente sexa moi mala e outra moi boa. Que cheguen a pelexar. A uns gústalle a paz e a outros a guerra.Eu creo que a paz é o mellor e todos deberían xuntarse pola paz.
ANDREA
Preocúpame que a paz sempre teña que ver coa ciencia. Preocúpame porque se un día a ciencia falla, acabarase a paz?
Creo que a paz non debería ter tanto que ver coa ciencia. Debería ter máis que ver coa loita contra a guerra das persoas.
Tamén me preocupa que España esté entre os países con maior pobreza infantil que algúns dos países africanos.
Outra cousa que tamén me preocupa moito é que Siria poida empezar a Terceira Guerra Mundial con armas nucleares. Se a empezasen sería a fin do mundo. Eu espero que non a empecen.
ALEJANDRO