REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 7 de noviembre de 2013

HISTORIAS DE BOLÍGRAFOS

BOLI
Había unha vez un bolígrafo chamado Boli que vivía nunha tenda. Un día unha nena foi comprar un bolígrafo e déronlle a Boli. Boli púxose moi contento. A nena levouno á escola, Boli pasábao fenomenal.
Ó día seguinte Boli cambiou da cor azul á vemella e todos os nenos quedaron paralizados. Como!!
Boli empezou a falar e todos atendían moitísismo. Cando rematou pensaba que o ían a levar para algún sitio e non foi así. Ó final quedáronse con el e non llo darían a ninguén.
ADRIANA

BIC 
Había unha vez, un bolígrafo chamado Bic. Era alto, con tapa, con moita tinta e cun revestimento de plástico duro. Un día por descuido meteuse nunha librería, e a dona colleuno e púxoo nun estante. Ao día seguinte Bic foi comprado por Alonso un neno de terceiro de primaria. Bic estaba preocupado porque non sabía o que lle ia pasar. Un día Alonso foi ao cole enfadado, colleu a Bic e deulle calor. Ao cabo dun rato Bic pintaba vermello e Alonso sorprendeuse porque era un boli azul. Alonso tivo que ir ao recreo, e deixou a Bic descansar. Cando veu do recreo Bic xa pintaba azul outra vez pero ó rato volveu a pintar vermello. E descubriu que Bic era máxico. Alonso deixou a Bic na casa e tívoo que deixar para cando quixera escribir con azul e en vermello. Bic díxolle a Milán, un amigo do caixón, que o pasara moi ben. Ao cabo dos anos, sen saber como Bic volveua a librería para ter novas aventuras. 
ICÍA