-Que hai que cruzar polo paso de peóns e cando no haxa, faremolo por onde teñamos visibilidade para ver os vehículos. Non se pode cruzar corrrendo.
-Cando vaiamos a cruzar e haxa un obstáculo diante non se pode asomar a cabeza, é perigoso, debemos apartarnos do obstáculo para ver.
-Os monopatíns non son un vehículo, trátase dun xoguete.
-Se vou en bicicleta irei coma se fose un vehículo pola dereita. Se vou camiñando irei de cara aos coches.Se non se sabe andar moi ben na bici, iremos, con coidado de non molestar aos peóns, pola berirarrúa. Para cruzar por un paso de peóns coa bici teremos que baixarnos dela e cruzaremos andando
-Como ir ben no cohe. É moi importante levar posto o cinto de seguridade e que estea en contacto co ombro, peito e cadeira. E que non haxa persoas ou cousas soltas no interior do coche. Os nenos ata 1,35m teñen que ir na cadeira adecuada.
-O significado dos sinais de tráfico.
-Que o número da policía é 112.
A PARTIRES DAGORA
*Eu xa respectaba as normas, pero despois do que nos contou a policía Pilar vou prestar máis atención cando camiñe pola rúa porque non quero quedar esparruchado coma unha tortiña de desaiuno.
*Cando un semáforo se pon en verde mirarei cara os dous lados, controlarei que pare o coche e que o conductor se decate da miña presenza.
*Cando vaia a cruzar mirarei o cuádruple e direille aos meus pais que crucen polos pasos de peóns.
*Ao ir coa bici terei coidado coas persoas.
O MEU SENTIR
-A charla veunos moi ben poque as rúas están cheas de perigos. Recordamis e aprendemos como hai que camiñar pola rúa, como ir no cohe e como ir na bici. Doulle as grazas á Policia.
-A min gustoume moito porque a policía sempre me chamou a atención, de maior serei policía.
-A policía Pilar explicounos de forma moi clara o que se pode e o que non se pode facer cando imos pola rúa.
-Co que aprendemos podemos correxir ás persoas que non cumplen as normas e ensinar aos nosos próximos fillos.