Foi moi intereresante porque aprendemos o que era a tradición oral e o que se facía hai moitos anos.
Adrián
Damián é máis gracioso do que parecía. Foi unha boa idea que viñera a contarnos as historias de cando el era pequeno. Penso que todos nos divertimos.
Raquel
O feito de invitar aos pais ou familiares que quixeran a contarnos cousas de tradición oral, gustoume moito.
Tamén me gustou o que contou Damián sobre que antes se etretiñan contando historias.
O que máis me gustou foi que nos recomendou que nos mirásemos máis aos ollos e que nos contemos cousas.
Icía
Eu digo que me gustou moito todo o que nos contou. Foi unha lección para min, para que non esté moito tempo coas cousas electrónicas e que estea máis tempo coa familia.
Nicole
Pareceume moi diver, gracioso e educativo que viñera o meu pai a contarnos as súas cousas.
Encántoume!
Sara
Doulle as grazas ao pai de Sara por contarnos as súas historias. Agora sabemos máis dos nosos antepasados.
Hugo