REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 8 de noviembre de 2013

TÓNICAS AVENTUREIRAS

AS  LIBRETAS  QUE  NON  TIÑAN  TÓNICAS

Tres sílabas estaban na súa casa tranquiliñas cando se lles ocorriu ir ao colexio.
-Por que non imos ao colexio?- dixo Grave.
-Claro, así visitamos ás nosas familias, as palabras- engadiu Aguda.
E foron a unha das clases do cole Illas Cíes.
-Mirade! son os cadernos- dixo Grave.
-Miremos que palabras  escribiron nel- apuntou Esdru.
E as tres miraron con curiosidade os cadernos.
-Estas palabras non teñen acentos e están feitas cunha letra moi mala- comentou Grave.
-Que tal se lles axudamos?- preguntou Esdru.
-Vale, vale, rápido,  antes de que chegen os nenos.- dixo Aguda.
E iso foi o que fixeron Aguda, Grave  e Esdru arreglaron tamén as letras dos nenos. Cando chegaron os nenos á escola  elas fóronse correndo para non ser vistas.
Así as libretas pasaron de non ter tónica a seren as libretas coa mellor ortografía do colexio.
VALERIA