A miña avoa cando a operaron dos oídos quedou xorda e desde entón non sabe escribir, nin ler, nin buscar no ordenador ou no móbil. Agora estámola axudando a ler, a escribir, e tamén está buscando cousas no ordenador. Ela o que de verdade quere é un aparato para os oídos porque senón non oe nada de nada.
Escribir e ler é moi dificil pero cando sabías despois xa é máis fácil recordalo e seguro que aprende rápido.
UXÍA
Hoxe en día os nenos de oito anos xa saben ler e escribir. Algúns, moi poucos, non saben manexar os móbiles e os ordenadoes. A tecnoloxía é importante porque con ela ademais de aprender, tamén podes diovertirte. Hai moita xente maior que non sabe manexalos pero sabe utiluizar outras cousas.
É bo escribir, ler, traballar, estudar....Pero, outras veces, podemos relaxarnos xogando co móbil, co ordenador,... e tamén xogar a outras cousas coma á pelota, ao escondedoiro...
ANDREA
Un día fun á casa da miña avoa e tiven con ela esta conversa:
-Avoa, quería preguntarche algo.
-Que?
-No telediario vin unha cousa de analfabetos pero non o entendín moi ben, pódesmo contar.
-Si, os analfabetos agora son os que non saben manexar os videoxogos, os móbiles, os ordenadores.... e tamén os que non saben ler nin escribir.
-Na miña clase todos saben ler e escribir.
-Xa, pero noutros paíse coma Africa non saben.
-Grazas avoa por contarmo, ao mellor mañá cóntollo aos meus compañeiros.
ADRIANA