REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 20 de diciembre de 2013

AS AVENTURAS DO APALPADOR

O CONTO DO APALPADOR
Carlos era un neno de seis anos. Era  moi delgadiño e un 24 de decembro non quería ir para a cama. Na escola faláronlle do Apalpador  e el era verdadeiramente medoso.
Ao ser tan delgadiño, o Apalpador íase decatar e decidiu pór unha  almofada na barriga. Cando espertou  en metade da noite viu ao Apalpador.
-Que fas aquí?
-Deixándote  unhas castañas que estás moi delgadiño, durme!
-Non podo durmir sen o conto.
-Pois contareiche un conto!
O Apalpador contoulle un conto e Carlos durmiuse. Dende aquela, xa non tiña medo.
SARA

NA MIÑOCA
Un día de Noiteboa o Apalpador foi á Miñoca para regalarlle castañas aos nenos da zona  a pesar de ser un ano escaso de castañas. Percorreu todas as casas da Miñoca e notou que as barriguiñas estaban fracas e non lle chegaban as castañas. Polo que decidiu dar xoguetes de madeira e todos os nenos quedaron encantados.
RAQUEL

 
O  SEÑUELO 
Aqueles nenos querían saber quen era de verdade o Apalpador. Un que era moi espelido puxo un señuelo  feito con pedras na porta da súa casa. Pola noite alí non foi ninguén e oíuse moito movemento de árbores e follas. Todo o mundo se acorda daquel día porque o Apalpador non apareceu xamais por aquel lugar.
IRINA


O   SAGREDO   DO   APALPADOR
Na faldra do Caurel vivían dous irmáns: Xoán e Daniel.
Xoán era o maior. Alto, forte, listo e moi simpático. A  mirada dos seus ollos verdes coma o parado   hipnotizaba.
Daniel era o pequeno. Alegre, baixo e de pelo longo, rubio coma o ouro.
A noite do Apalpador, Daniel non podía durmir polos nervios da esperada visita. Ás dúas da mañá alguén petou á porta. Daniel foi ver quen era e … era o Apalpador!
Daniel espertou a Xoán:
-Xoán, Xoán! Xa ven o Apalpador!!!!
Xoán contestou:
-Para xa, Daniel. Déixame durmir, non digas tolerías.
O Apalpador entrou  e foi ao cuarto. Alí estaba ben esperto Daniel, mirando cara a el.
O Apalpador como viu que estaba nervioso tranquilizouno dicíndolle coa súa voz gastada pola idade:
-Calmate! Non lle digas a ninguén que me viches, ok?
Daniel respondeu que si coa cabeza e coa boca aberta. Dende aquel extrano sucesoo Apalpador vai visitar a Daniel toooooodos os anos.
Daniel gardou o segredo  e iste conto que aquí acaba, tamén vai ser gardado.
ALEJANDRO

DÍA DO MONTE 11/12/13



Grazas MONTES!!!!!!
Os montes son moi importantes porque neles está o 70% de auga doce do mundo,hai alimentos moi importantes, plantas curativas ...e, ademais, beneficia aos que viven deles e aos que viven en terra chá. E neles  viven mais de 720.000.000 de persoas.
Eu tamén creo que lle dan encanto as paisaxes. Vivan os montes!  Hugo


No monte hai millóns de cousas, non é como na cidade que hai centros comerciais, internet, cafeterías...
O monte é diferente á  cidade. Alí é onde neva e é moi divertido, e aparte, se non hai cousas no monte que si hai na cidade, pois podedes ir un día a comprar o que necesites. O monte é divertido porque podes quedar con todos os teus  amigos na cima da montaña e contar historias de medo.
O monte e xenial! Uxía



Os nosos montes
Os bosques son parte da nosa natureza pero os montes máis, porque teñen lagoas, ríos, bosques... Algúns son moi bonitos coa neve que lles cae.
Nos montes hai verde por todas as  partes.
Como hai animais, tamén hai pobos con xente alegre que ten todo o que necesita alí enriba ( ou abaixo ) a parte das vistas: auga, dos ríos e lagoas; enerxía da auga; alimentos dos mercados e dos árbores frutais.
O monte é o mellor lugar para vivir, e hai que coidalos, reciclando... Irina

O monte é moi importante porque alí viven moitas persoas e é abrigo de moitos animais. Ten unhas vistas preciosas e cobren unha gran parte do mundo. Alí viven plantas medicinais e hai alimentos como mazás... Ese sitio é acolledor e hai moito por explorar e é moi bonito. E anque non pareza nos montes hai moitos moitos pobos. Os montes son moi importantes. Adriana



Os montes dannos  moitos beneficios:
Hai  auga doce,  alimentos de  moitos tipos que proporcionan   as diversas plantas que  hai no monte e ademais o monte encántame, é un lugar puro apartado de coches ou de calquera outro elemento contaminante. A beleza dos prados cheos de herbas e de animais en plena liberdade sen que ninguén correra tras deles. O monte é un lugar pacífico, non hai nada mellor ca iso porque eu síntome como na miña casa. Anque no monte hai máis silencio e tanquilidade que  na miña casa. Adrián

jueves, 19 de diciembre de 2013

O APALPADOR

Estivemos na biblioteca para aprender cousas do Apalpador e miramos un video sobre a el.

O Apalpador é un home que a noite do 24 de decembro baixa da montaña para palpar as barrigas dos nenos. se están fracos, déixalles castañas.
O Apalpador é xigante, vai vestido de verde cunha pipa na boca. Ten bigote e longas barbas e leva un bastón. E unha lenda moi vella, creo que ten máis de noventa anos.
Non sei se existe de verdade, din que o resto do ano adícase a facer  carbón. Alejandro

O RÍO ÉNCHESE DE REGATOS PEQUENOS


UNHA  LECCIÓN  MOI   IMPORTANTE
 
Unha nena chamada Liza contoulle  a Raúl o significado   da expresión: “O río énchese de regatos pequenos”.
Raúl  entendeuno desde outro punto de vista e... pois… digamos, colleu un  libro de Bioloxía, ol de mates, os de lingua... y,e púxose a estudar como encher o río e non daba atopado a resposta. Un día foi ao parque a estudar y viu a un neno que acababa de aprender a compartir ,entón comprendeu que estudar é importante,pero aquela expresión referíase ás  a las leccións da vida e decatouse que grazas  a aquela expresión tan sabia acababa de aprender unha desas leccións da vida.  
 Hugo

                                                        
A AMIZADE
 

"O  RÍO  ÉNCHESE  DE  REGATOS   PEQUENOS" quere dicir que grupos pequenos do  que sexa fan  un grupo grande. Polo  tanto,  se nos unimos seremos máis  fortes.
Un grupo de nen@s estaba no seu recuncho do xardín favorito dun parque da cidade. Había unha división, os nenos por unha banda e as nenas por outra.  Nunca se poñían dacordo para xogar xuntos. Cando os nenos xogaban coa pelota, as nenas estaban colgándose das ramas das árbores para que non lles  desen. Cando as nenas xogaban á  pita, os nenos estaban xogando polo chan ás canicas. E así sempre.
Un día, uns taladores foron a talar as árbores do xardín e mentras tanto non tiveron máis remedio que xogar todos xuntos. Aquel día foi inolvidable porque descobriron que todos xuntos pasárono de marabilla e que a amizade é un gran tesouro. Irina






COUSAS DE AVOAS
Fai un tempo, aquí en Vigo, había unha avoa que  cando o seu neto Antón lle dícía:
-A profe dinos que temos que compartir e estar con todos.
-A túa profe ten moita razón porque o río énchese con regatos pequenos- contestáballe.
-Ai avoa! non entendo o que me dis.
-Xa, xa o entenderás.
Ao acabo duns anos, Antón no transcurso da súa vida cos seus tropezos, descoidos e alegrías  enetendeu aquela frase da súa avoa. Entendeu que todo na vida é aprender.
Cando Antón tivo un fillo sempre lle dicia.
-Fillo, comparte que o río énchese de regatos pequenos.
Icía

miércoles, 18 de diciembre de 2013

OUTROS CONTOS DE WAMBA PARA ANTÍA

O bocata de Antía era tamaño mamá, é dicir  XXXL  e daba para moitos anaquiños para compartir.
Wamba comía outro anaco e escoitaba un novo conto.


O  GRAN SABIO

Na miña aldea había un Gran  Sabio ao que todos acudían para que lles solucionase os seus problemas. O Sabio sempre acertaba, dicíalles o que tiñan que facer e eles facíano e … problema resolto!

Un día o Gran Sabio desapareceu e todos se puxeron a buscalo e nada, non aparecía.

-Quen solucionará agora os nosos problemas! – dicían.

Buscaban e buscaban e seguía sen aparecer o Gran Sabio ata que pasado un tempo os veciños déronse por vencidos e volveron para as súas casas cun xesto de tristura.

Ao día seguinte reuníronse todos na praza  da aldea. Despois dunhas cantas deliberacións decidiron solucionar todos xuntos os problemas e … funcionou! Todos os problemas solucionados.

De repente o Gran Sabio apareceu e todos os da aldea  comprenderon que lles dera unha valiosa lección: “SE NOS UNIMOS TODOS, PODEREMOS FACER CALQUERA COUSA”.

                                                     HUGO

O NENO QUE QUERÍA TODO

Érase unha  vez un neno que vivía nun pobo e que sempre quería todo o que miraba. Os seus país xa  non sabían que facer con el. Quería todos os xoguetes, as comidas, … Era un verdadeiro problemón.

- Por que non deixas de pensar en ter todo?- dixéronlle os país.

- Porque eu quero ter todo o que teñen os demais- respondeu.

Era imposible convencelo de que iso non podía ser. Os pais, que tanto saben, tiveron unha idea. Pedíronlle a todos  os do pobo que lles prestaran todo o que tiñan para darlle unha lección ao seu fillo. E así foi, cando se viu con tal cantidade de “todo”, fartouse de súpeto e foi devolvendo aos seus donos o que lle deixaran.

Ensinanza: “ NA VIDA NON PODES TER TODO O QUE TI QUEIRAS”.

QUE GRATIFICANTE É COMPARTIR!

                                                            JORGE

FINAL  FELIZ

Había un home que só se preocupaba de si mesmo. Xamais axudaba aos que precisaban axuda.

Un día el e máis un amigo foron a dar un paseo ata un acantilado e o coche quedoulles sen gasolina. Andiveron dun lado para outro a ver se se lles ocorría o que poderían facer. Non había resposta e parecía que o acantilado ía romper por mor das fortes ondas. Xa estaban desesperados e moi asustados, non vían saída. 
Acertou a pasar por alí un percebeiro e ao ver que a aqueles homes estaba a piques de pasarlle algo grave, foi na procura de axuda.

De seguido, apareceron unha chea de veciños para axudar. Todos colaboraron para rescatalos e saíron sen ferirse, dando un milleiro de grazas a todo o mundo.

Ensinanza: “MELLOR AXUDAR QUE ESTAR SÓ”
                                                               ÓSCAR

ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO




O día 12 de decembro asistimos á representación teatral da "Tropa de Trapo" que resultou ser FANTÁSTICA.  Estas son algunhas das nosas opinións:

*Gustoume moito a actuación porque os actores eran moi divertidos e as historias foro educativas e moi interesantes. Gustaríame volver a velos.

*Os contos  que contaron tiñan unha moralexa e gustáronme un montón. Polo nome do grupo pensaba que ía ser un teatro de marionetas. A batería era xenial.

*Paseino moi ben atendendo ás historias e participando nalgúns momentos.

*Gustoume moitísimo o teatro. Grazas á Tropa de Trapo  porque me rín con toda e reflexionei sobre as mensaxes dos contos.

lunes, 16 de diciembre de 2013

FELIZ NADAL

INVERNO
O inverno  chegou,
o Nadal chegou.
Turrón e polvoróns
sempre a montóns.
Regalos haberá
e ninguén faltará.
FELICES  FESTAS!
             BRUNO



Desexámosvos a todos e a todas: FELIZ NADAL
Para celebralo os de 5º de Primaria debuxamos árbores nevadas nas ventás. A min encántanme as paisaxes nevadas porque son alegres e moi bonitas.
FELICES   FESTAS!
                                                          HUGO



FELIZ    NADAL   a todo o mundo.
Pasádeo ben poñendo a árbore, as luces, o belén,…. E comendo bombóns, turrón, chocolate,…
Pero, … o mellor é estar coa familia e cos amigos. Empacharse de amor e felicidade.
Despois tamén podes disfrutar abrindo os regalos que se te portaches  ben, non han de faltar.
                                                    Adriana




Querid@  amig@ envíote esta postal  para dicirche algo da Navidad e guiarte á felicidade.
É tempo  de regalos. Coa familia xogarás e divertiraste. Todo é vermello e branco nun mundo de nubes, de durmir  hasta tarde,… É a Navidad.
Chegan as “vacas”, un tempo de relax e coa Familia. Isto é   Navidad.
Con estos consellos xa estas preparado para disfrutar da Navidad.
FELICES FESTAS!        

                                                                          SARA

jueves, 12 de diciembre de 2013

AS HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR FELICIDADE



O neno que non quería facer os deberes

Hai un tempo,  un neno non quería facer os deberes. Os seus pais estaban desesperados.O neno tiña unha axenda bastante ocupada porque tiña todos os días actividades extraescolares.Como non remataba os deberes, éralle imposible asistir e así pasaron uns cantos días. O neno pasaba horas enteiras diante dos traballos de deberes ata que un día leu no xornal: ” AS  HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR FELICIDADE”. Desde entón remata axiña e talle tempo a ir ás actividades extraescolares e máis a xogar.

HUGO


O neno aburrido

Érase unha vez un neno que sempre estaba aburrido porque non sabía que facer cando non lle dicían o que tiña que facer. Xogaba cos seus pais porque lle obrigaban. Sempre tiña horas libres pero ocupadas.

Un día os seus pais fóronse de viaxe por asuntos de traballo ,eran actores, e el quedou coa súa avoa. Con ela non podía xogar porque como era moi maior, tiña 89 anos,  e  leváballe moito tempo facer as tarefas da casa, pois aburriuse moitísimo. Entón comezou a xogar coa súa imaxinación. Xogou e xogou moito tempo porque se sentía feliz.  Foi nese momento cando entrou a  súa avoa e díxolle:

-“AS HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR FELICIDADE”

E o neno non volveu a aburrise nunca máis.

                                                    ALEJANDRO


Sara

Unha nena chamada Sara estudaba nun colexio no que estaba cinco horas diarias e ademais tamén tiña actividades cada día: baile, música, pintura … Non tiña tempo de facer os deberes da escola porque os seus pais como non querían que se aburrise, anotárona a unha chea de actividades.

-Mamá, eu quero ter algo de tempo libre.

-E que nos queremos que esteas entretida.

-Eu quero dispor de tempo par min.

-Vale! Non irás a tantas actividades.

Sara agora atopábase moi feliz porque tiña tempo para xogar ela soa.
Os seus pais comprenderon que “AS  HORAS BALEIRAS ENSINAN A CREAR FELICIDADE"
                                                         VALERIA