E FORON MOI FELICES POR … ICÍA
… E foron felices
-Nenos, xa vos contei a historia do reloxo triste?
-Non, cal é?
-Ide a cama e contaréivolo.
-Vale
-Esta e a historia de dúas agullas dun reloxo de parede. Unha chamábase
Harri, o mais pequeno, encargado de dar as horas e Mini, a mais longa, quen da
os minutos. Harri e Mini coñecíanse dende a súa fabricación, levaban case 10
anos xuntos, e a súa hora favorita eran as doce en punto, cando se podían ver e
charlar. Facíano dúas veces ao día, PM e AM. Estaban dacordo de que si o reloxo se paraba tiña que ser ás doce en punto.
Un día parouse o reloxo e se pararon nas cinco e vinte e cinco, non estaban
xuntos pero podían comunicarse. O seu dono volveulle pór a pila ao reloxo e
seguiu funcionando.
Harri e Mini neses últimos tres anos fixeron moi boas migas de feito queríanse
tanto que decidiron casar. Pasou o tempo e o reloxo parou xusto nas doce en punto… E foron moi felices,
casaron e tiveron un fillo chamado, Segun.
-Xa rematou o conto?
-Si, veña agora a durmir.
E FORON MOI FELICES POR …
ANDREA
Os pais de Laura, Hugo, Sonia, Alba, Manuel, Victor
e Elena, estaban moi cansos de facer as cousas da casa para sete fillos. Eles
querían un descanso. Tiñan planeado ir a Venecia os dous sós dende que
naceu a última filla. O caso é, que non tiñan tempo de estar os dous xuntos.
Entón ...
Por que non apuntamos aos nosos fillos a un
campamento de verán?- preguntáronse os pais.
Estiveron buscando nunha páxina web e... Encontrárono! Un lugar perfecto
onde podían facer moitos amigos e xogar ao aire libre.
Unha semana despois os nenos xa estaban disfrutando no campamento, e os seus pais no cruceiro, directos á cidade de Venecia.
Unha semana despois os nenos xa estaban disfrutando no campamento, e os seus pais no cruceiro, directos á cidade de Venecia.
Todos os fillos pasárono moi, pero que moi ben naquel campamento, e os país
moi tranquilos no cruceiro.
E así foron todos moi felices.
E FORON MOI FELICES POR … ADRIANA
Había unha vez unha princesa, pero non era coma
todas: ela era fea, mala e odiaba ser unha princesa, e tamén os contos de
fadas.
Un dia a princesa mala, que por certo se chamaba Marta, foi xunta a súa nai
e díxolle:
-Mamá, por que teño que ser unha princesa?
-Preferirías ser pobre? Decátaste de que estas cumprindo
o sono de todas as nenas do mundo?
-Pois eu non son todas as nenas do mundo. Ata logo, xa non quero ser
princesa!
Marta marchouse e pensando no que a súa nai lle dixo, tomou unha decisión:
-Teño que volver á casa, sen princesas o mundo non seria igual.
E así fixo. Xa de
maior, Marta converteríase na princesa mais linda, boa e encantadora do mundo.
E cando atopou a ó seu príncipe ela quixo rematar o conto e dixo..."E
foron moi felices".
E FORON MOI FELICES POR …VALERIA
No zoo de Vigo, fai xa dous anos estaban todos os animais do mundo, estaban
todos menos un, que era o panda.
Un día un neno de 10 anos, queira ir ao zoo e os pais levárono, el tiña un
peluche da súa serie favorita “Jorge, o panda, e os seus amigos” Así que estaba
moi ilusionado porque pensaba que por fin podería ver un animal semellante a
Jorge, o seu panda. Mirou e remirou
todos os animais e decatouse de que non
había pandas no zoo. O neno saíu correndo para ver ó encargado do zoo e
dicirllo.
Despois de que o neno insístese moito trouxeron un panda e ademais querían chamalo como el,
pero o neno non aceptou, dixo que lle tiñan que pór de nome Jorge, como o da
serie. Cando chegou o panda ao zoo, o neno foi o primeiro en velo e todos os
fines de semana o neno vai cos seus pais a visitar a Jorge.