REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 23 de marzo de 2015

MIGUEL, HABITANTE DO "BERNARDO ALFAGEME"



Toda esta historia comezou fai pouco tempo cando eu estaba na miña casa e de repente empezouse a mover todo. Eu asusteime moito e agora estou nunha rotonda.....pero bueno empezaremos dende o principio...

Son Miguel e vivo nun barco, no barco Alfageme, e aínda que faga un pouco de frío, porque non hai calefacción, é un sitio xenial; ademais o barco é enorme.


Un día estaba eu tan tranquiliño no meu barco ata que... se empezou a mover. Asusteime moito, xamais sufrín un terrremoto deste xeito. Logo, notei que me movían. Saquei a cabeza polo "ollo de boi" para ver que sucedía, e estaba voando. Unha vez na terra eu mirei onde estaba, estaba na rotonda da Avenida Castelao.

Vivo ben, senón fose polos obreiros que non paran de facerlle cousas á miña casiña. ADRIANA