REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 11 de marzo de 2015

SEGUIMOS CAMIÑANDO POLA IGUALDADE

CHARLA / TALLER
Nesta actividade tan interesante aprendemos moitas cousas e confirmamos outras. Algunhas delas son as seguintes:
-Os nenos e mailas nenas temos máis características que nos fan iguais que características que nos fan distintos.
-Cada un de nós é un ser único, exclusivo. É moi importante a forma que temos de relacionarnos as persoas.
-Cada persoa ha de estar orgullosa do seu xénero.
-O respecto é moi importante nas relacións entre as persoas.
-A igualdade fai que sexamos todos moito máis felices.
-Tod@s temos os mesmos dereitos e o mesmo valor, polo tanto, teremos as mesmas oportunidades.
-@s mellores amig@s son os ASERTIVOS xa que din o que pensan sen agredir, sen ofender. Na amizade é fundamental a sinceridade.
 
Para rematar creamos un xarope, para combatir a desigualdade, ao que puxemos de nome IGUALITÓN. Esta menciña ten os seguintes compoñentes: querer a igualdade, solidaridade, amabilidade, respecto, sinceridade, bondade, actitude positiva, cariño, felicidade, cariño, compañerismo, ser asertivo, valorarnos...