REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA



Gústame o xornal

Eu, a verdade, solo ver as noticias no ordenador ou na tele, e os mércores véxoas no xornal no cole.

Eu, non leo o xornal porque na miña casa non compran nada diso. As revistas, os xornais, na miña casa é como se non existisen.

O xornal, cando o leo, creo que ten cousas divertidas, entretidas, e sobre todo, interesantes.

Gústame pasar as follas e lelo con calma e, se fai falla lelo outra vez, cando na tele non podes darlle marcha atrás.

A verdade, e que lelo, dache unha sensación que é moi difícil de explicar. É de liberdade, unha sensación moi boa.

                                                              Irina


Un xornal, un mundo

Nunca nos decatamos de que un xornal máis que un conxunto de follas enormes no que aparece información. Un xornal é todo un mundo, unha clase de coñecemento do medio, de lingua galega, de lingua castelá… Pero aparte diso, un xornal  incorpórache ao mundo, ao que está sucedendo na outra parte de España, achéganos a actualidade,  mantennos  informados e con boa vista da realidade.

Se tiverades que escoller entre ler o xornal co móbil ou co periódico, cal escollerías? Sinceramente, eu escollería o periódico de sempre. Ademais dez minutos sentado no sofá lendo o xornal non lle fai dano a ninguén.

O xornal sempre foi o mellor medio de comunicación para os máis xóvenes e os máis maiores da casa. Na casa dos meus avós o periódico do día sempre estivo enriba da mesa do salón e a maioría das veces nas mans do meu avó, el sempre esta a ler o xornal, o le, o volve a ler e o segue lendo ata que se fai de noite e é a hora de durmir.

                                                                     Icía

A importancia do xornal
O xornal é moi importante, para saber o que pasa nalgún lugar. Para enterarnos de todas as noticias. A moita xente gústalle, pero outros prefiren conectarse a internet co seu móbil e miralas nunha pantalla. A min gústame o xornal, porque é unha forma de enterarse das  cousas, como agora todas as persoas entéranse das cousas polo whatssap, Facebook, twiter..., pois paréceme mellor facélo polo xornal. Vou ser sincera, e vou dicir o que non me gusta moito do xornal:
- A letra é un pouco pequena.
- Debería ser un pouco máis entretido.
Pero hai moitas cousas do xornal gústanme. A xente debe enteresarse máis polo xornal. Eu aconséllolle que o lean máis e que non estean pegados ás pantallas, porque iso estropea a vista.


                                                             Andrea