O día 7 de abril estivemos no Museo do Mar da nosa cidade, Vigo.
Primeiro aprendemos a diferenciar os tipos de castros que existen. Despois
fixemos unha experiencia xenial, fomos arqueólogos de verdade. Armados cunha pá
e unha brocha/pincel descubrimos tesouros soterrados co paso do tempo.
Apareceron restos dos habitantes dos distintos castros. Abundaban restos de
xoias, cerámica e tamén armas e elementos tipo escudo.
Rematamos co tiro de arco ao xabaril.
Gustounos moito a saída e ata
puidemos probar vestimentas e outros complementos da época.