Os
tres porquiños nas fallas de Valencia.
Chegaba
o inverno e l os tres porquiños construían as súas casas.
O
primeiro construíu unha casiña, destas de campo.
O
segundo construíu un edificio.
E
o terceiro un rañaceos.
Na
guarida do lobo escóitanse ruídos. Que será?
O
lobo está construíndo un raro artefacto. É unha arma que lanza uns
potentes ventos!
Cando
os tres porquiños xa remataran as súas casas, apareceu o lobo coa
súa gran arma. Pero non derribou ningunha casa, entón preguntoulle
aos porquiños:
-
Por que non derrubo as vosas casas?
-E
que fixémolas cun novo material.
-E
con q... -interrompeulle unha gran multitude de xente.
-Mirade,
xa chegaron!- dixeron os tres poquiños felices.
-Que
fai esta xente aquí?- preguntou o lobo.
-Explicámoscho.Hoxe
é o día das...fallas de Valencia!
Entón,
fixemos a casa dun material novo que se queima.
-Que
chulo! -dixo o lobo.
Ao
final os catro quedaron como amigos para sempre. Pasaron moi
contentos unha boa tarde vendo como se queimaban todas as fallas de valencia.
IVÁN B
Os
tres porquiños
de hoxe en día: "Os tres monumentos".
No
mundo de hoxe existían tres porquiños. Cada un desexaba facer o
monumento máis famoso da historia, pero había alguén que llo
impedía: o lobo feroz; que non quería mellorar o mundo con novos
inventos, nin que os porquiños se fixesen famosos.
O
primeiro porquiño investiu un mes en logralo, pero conseguiu
construír o que coñecemos na actualidade como acueduto romano. Un
pouco antes de que o rematase, o lobo fixo que houbese un
derrubamento de auga, esnaquizando así gran parte do monumento.
O
segundo porquiño investiu un ano, pero conseguiu construír o seu
monumento: as torres xemelgas, que eran rañaceos. Pero o lobo, fixo
que dous avións, co piloto automático, chocasen contra os grandes
edificios derrubándoos case por completo.
O
terceiro porquiño non investiu nin unha semana, nin lle deu tanto
traballo construílo, nin foi tan difícil de usar. E ademais de ser
un grande invento, non monumento, remataría co lobo e deixaría
libres aos porquiños para poder facer todo o que lles petase.O
inverno chegaba, e nos últimos días soleados, todos os animais da
terra necesitaban recoller leña e construír unha casa (que era a
seguinte construción para os porquiños) para quentarse. O lobo
tamén o necesitaba, e os porquiños xa lle prepararan algo:
deixáranlle un montón de leña no bosque, e xa que facía tanto
sol, xusto cando o outono se remataba, o lobo dixo: Que boa sorte! -E
colleu a leña. Pero mentres, o terceiro porquiño levou a cabo o seu
plan. Fixo que un raio de sol rebotase contra un espello que colocou
preto da leña, e este raio, chegou á leña, queimando así o lobo.
Por
fin, os tres porquiños
puideron construír algún invento, ou a súa casa para o inverno. E
foi un inverno moi tranquilo, ao igual que o estivo o bosque, e todos
os animais que vivían nel.
E
así son os tres porquiños de hoxe en día.
IRENE
Os
tres netos.
Os
netos dos tres porquiños van
ter un conto non tan famoso como o dos seus avós pero terán
un.
-Avó, cóntasnos a historia das tres casas e o lobo?
-Non, teño unha idea mellor. Que tal se facedes vós unhas casas?
-Vaia, que boa idea!
Ao instante, os tres saíron correndo a buscar materiais, pero non fixeron tres casas senón un hotel de tres edificios pequenos.
-Avó, cóntasnos a historia das tres casas e o lobo?
-Non, teño unha idea mellor. Que tal se facedes vós unhas casas?
-Vaia, que boa idea!
Ao instante, os tres saíron correndo a buscar materiais, pero non fixeron tres casas senón un hotel de tres edificios pequenos.
Un
era de madeira e pedra, outro de ladrillos e outro de metal groso
pero as partes que se vían estaban
cubertas de madeira para dar un rematado máis bonito.
Acabaron de construír os hoteis e chamáronos Oink, Oink.
Por desgraza, o inimigo dos tres porquiños volvía ser o lobo, só que neste conto o lobo ten granadas. Un día o lobo chegou sixilosamente e de súpeto. Bum! Bum!
Acabaron de construír os hoteis e chamáronos Oink, Oink.
Por desgraza, o inimigo dos tres porquiños volvía ser o lobo, só que neste conto o lobo ten granadas. Un día o lobo chegou sixilosamente e de súpeto. Bum! Bum!
Os
dous primeiros hoteis explotaron pero cando o intentou co terceiro
non funcionou.
Os tres porquiños sabían que era o lobo, entón chamaron a policía.Sen que se decatase o lobo quedou no cárcere e colorín colorado este lobo está encerrado.
Pero o lobo nunca se rende e volve ao ataque, aínda que isto é outra historia.
Os tres porquiños sabían que era o lobo, entón chamaron a policía.Sen que se decatase o lobo quedou no cárcere e colorín colorado este lobo está encerrado.
Pero o lobo nunca se rende e volve ao ataque, aínda que isto é outra historia.
LOIS