REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 11 de abril de 2013

AS "NOSAS" LENDAS

Estas lendas son produto da nosa imaxinación, pero como habelas, hainas; haberá que telas en conta...

A NEVE
Nun pobo toledano reinaba un malvado rei chamado Xulio. Xulio tiña unha riqueza enorme a costa do traballo do seu poboo.
Un día de frío inverno o castelo apareceu cuberto por unha estraña capa banca da que no puido escapar
Por iso en todos os sitios nos hai esa capa branca, que agora chamamos neve, reinara un malvado rei ao que castigaran.
 IVÁN B    

 
Por que hai marea alta e marea baixa?
Por aquel entón a marea estaba alta todo el ano menos el 21 de marzo. Ese día era o día en que empezaba la primavera, ás doce menos cuarto baixaba a marea e oíanse berros. Isto débese a que ese día ían casar a unha rapaza de quince anos cun señor. Se lograba casarse con ela tería o mellor castelo do mundo e unha morea de cartos. O día da boda era 21 de marzo e os preparativos xa estaban listos. De súpeto a rapaza escapouse e como la perseguían tirouse ao mar e non apareceu nunca máis. Por iso se di que ás doce e media a marea baxaba para que ela puidera tirarse á agua, tamén se oen os berros dos país buscándoa.
Dende entón a marea sube e baixa.
NEREA 

O CHOCOLATE 
Dise, que cando os españois chegaron a América, os indíxenas gardaron moito cacao nunha cova subterránea moi escondida.
Cavaron para facer un gran burato e meter aí todo o cacao. Pasou moito tempo e non se sabe como todo ese cacao se puido facer chocolate, e o raro é que segue ben conservado. Uns din que sabe a cremas, outros din que a chocolate quente, pero iso non é o que importa.
Isto é unha lenda, así que pode que non exista, ou pode que si nunca se sabe...
LOIS

A TORMENTA
 
-As tormentas non proveñen das nubes se non que proveñen dunhas persoas que están enriba delas. Cando fai Sol eles dormen tranquilamente pero cando se esconde comezan a lanzar toda a mercancía que teñen. A tormenta está formada por : Trono, Raio e Lóstrego. A todas as persoas que os coñecen caíronlle moi ben. Os tres todas as mañás afían as súas armas. Sempre nos están vixiando para saber cando teñen que castigarnos. Algún día que outro non se enteran de nada porque case sempre están nas berzas ou discutindo entre si. 
LORENA  
 
-A tormenta provócase porque hai persoas que son malas coa xente e os deuses gregos enfadáronse. Pero un día un mozo intentou facerlle algo malo a outro, foi o colmo para os deuses. Decatáronse de que iso non podía ser, entón dixeron:
-Imos idear un plan para castigar á xente mala.
Uns días despois viron que seguían sendo malos e preguntarónlle a Zeus que era o mandamáis.
-Zeus, podemos facerlle algo aos malos?
-Non
E así foi como un día, mataron a xente boa.
Os deuses enfadaronse moitísimo e botáronlle a culpa a Zeus.
E ao final, Zeus lanzou raios, relámpagos e tronos, como castigo. 
ALEXIS   

O ARCO DA VELLA  

Antigamente, fai milleiros de anos no mundo non había cores e aínda non existía o sol. Era un mundo de branco e negro e sempre estaba a chover; había sete ringleiras de gotas de auga dende o ceo ata o chan. Entón xurdiu que de entre as nubes apareceu Deus levando consigo o sol, que así fixo que chegase. Chovía e facía sol, e entón todos os raios luminosos do sol enfocaron nas gotas prismáticas de todas as ringleiras, e fixo que cada raio atravesase unha gota diferente. Así, cada fila tivo unha cor diferente: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta; e a súa forma era dun arco.
Por fin, existiron as cores e ás veces sae o sol, outras veces chove, e ás veces ambolosdous. Así, recordamos o momento no que existiron as cores e este fenómeno do a natureza grazas a Deus: o arco da vella.
IRENE 

-O arco da vella xurdiu fai moitos anos nun pequeno pobo de Grecia. O deus do chan era o mais popular entre eles. Neste pobo levaban 400 anos sen chuvia.
Un día soleado, coma sempre, todos os habitantes sairon á rúa para aproveitar ise día tan bó, cando, de repente unha gran chuvia comezou; nese instante unha columna de sete cores encheu o ceo.
Dende ise intre dise que o arco iris produciuse porque o deus do chan alegrouse tanto de que por fin chovese que o seu sorriso foi tan grande que se convertiu no arco da vella.

     ANTÍA