Había unha vez unha linda ratiña de ollos azuis e longo cabelo chamada María que barría a porta da súa casa cando atopou un billete de dez euros. María non o pensou dúas veces e foi a Bershka a mercar unha gorra. Ao volver a casa…
-Que guapa estás, María. Queres ser a miña moza?-preguntoulle un veciño hámster.
-A que hora te conectarás ao Messenger? –preguntou María.
-Ás nove -contestou.
-A esa hora non podo, botan “La que se avecina” na tele –dixo a ratiña.
E así todos. Uns conectábanse ás oito, outros, ás seis, ás once ou ás catro. Ata que un día…
-Ola María, estás fermosa –dixo un aposto rato- queres saír comigo?
-Depende… a que hora poderás chatear?
-Ás dez –contestou o rato.
-Venme perfecto a esa hora –dixo, feliz, María.
Aínda hoxe son noivos e cada día, ás dez mándanse mensaxes románticos polo Messenger.

LAURA