Un
bo día ía unha nena rica xogando coa súa bola douro e escoitando o
seu ipod. A boliña íaa lanzando polo aire cando de súpeto caiulle
no estanque da Praza América e non era capaz de collela. Arrimábase
e arimábase, pero cada vez que quería botarlle a man máis se
afundía a boliña.
De
seguido apareceu unha rá co seu cabelo loiro e o seu mini coche. A
nena non paraba de chorar e chorar.
A
rá preguntoulle:
-Nena
, por que estás chorando?
A
nena respondeulle:
-Caeume
a pelota douro nesta praza e non son capaz de collela.
A
rá ó vela asi, díxolle:
-Eu
collereina, pero... que me darás a cambio? Díxolle a rá chiscándolle
un ollo.
-Unha
cea e cobixo durante unha semana!
A
rá aceptou e colleulle a pelotiña douro. Mentres estáballe
resbalando o coche e eh!!, cras! Caeulle enriba dunha perna, consegiu
pasarlle a pelota pero a nena rencorosa foise alegre e cantando.
A
rá gritando repetidas veces, dicíalle:
-E
a nosa promesa?
A
rá conseguiuse recuperar rapidamente e foi detrás dela.
Conseguiu
ver onde vivia e quedouse asombrado por que cando viu o coche do seu
pai flipou, era un Alfa RomeoV9, un coche de alta gama. Foi a chamar
á porta e cando á abriu, a nena estaba escoitando música co seu ipod e
cando viu quen era cerroulle a porta nos narices.
A
rá colleu o coche e entrou rompendo a porta. Foi a xunto da nena e
bicouna, convertiuse nun principe e namoraronse. Pasado un tempo,
casaron e foron felices para sempre.
YANKO