REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






miércoles, 17 de abril de 2013

ATENCIÓN EDUCATIVA. HISTORIAS CON "VALORES"


PEDRO
Pedro é un neno esbelto, con ollos azuis e o pelo loiro. Gústalle o perigo das súas aventuras. Gústalle o chile picante e os tacos mexicanos. Odia irse a durmir, porque quere seguir xogando a PS3 ou no parque.
Viviu aventuras coma tirarse por unha catarata e saíu ileso; fixo que o seu can tivese 3 ollos e 10 patas.
En definitiva é un neno moi zumbado, e aínda que isto último inventárao.
Pedro deixou tanta “adrenalina” destas aventuras, para vivir unha vida normal e corrente.



HAI QUE CONTROLARSE
Como Pedro deixou esa vida de aventuras, decidiu ir ao instituto, o único que gañou con iso foi, unha expulsión!
Por que? Preguntarates. Pois moi simple. Non se concentra, e a que leva iso? Pois que grita en clase e iso causa dores de cabeza. Ou tira os cadernos pola ventá ou queimaos.
Ata que foi ao despacho do director. E dille o director:
-Pedro, non podes facer máis tolerías coma esas. Terás que ir a clases de autocontrol.
-Non, o único que pasa é que non me podo concentrar.
-Terás que buscar un remedio.
Pedro sempre o intentaba pero, acababa facendo algo máis tolo do habitual. Sempre acaba en fracaso, e sempre lle dicía ó director:
-Non me expulse.
Pero ao final sempre acababa expulsado porque era un neno moi aloucado. Cada día estaba máis triste ata que un día preguntoulle a súa nai:
-Teño que preguntate unha cousa?
-Que queres filliño?
-Necesito que me ensines a autrocontrolarme.
Pasaron meses e meses e chegou un día no que non o expulsaron e lle deron unha medalla por coseguir autrocontrolarse.


QUE BOS AMIGOS

Pedro estaba na súa casa vendo a TV e chamouno un amigo. Queria quedar no bar da “Terracita”.
Cando chegou Pedro comezaron a falar:
-Pedro, necesítoche para facer un truco de skate.
-Si, e...
-Sabes que atraparon cerca das illas Cies?
-Si.
-Pois levarono ao acuario da Coruña e queren que alguén salte unha piscina coa quenlla dentro.
-Vale mañá saimos para A Coruña
Os dous amigos chegaron ó acuario e cerca de alí estaba a piscina, así que foron a vela.
Había moita xente. Cando se encontraron cos organizadores dixéronlle que como ía saltar unha piscina tan grande.
-Pois moi fácil, cun “boogie” para coller velocidade.
E como non, o amigo de Pedro tiña que conducir o coche.
Chegou a hora do salto. Estaban moi nerviosos.
-Non pares de acelerar aínda que che diga para.
Empezou a acelerar e Pedro estaba agarrado á corda que estaba atada ao coche.
Cando chegou á velocidade correcta Pedro soltouse, subiu pola rampa e saltou, mentres que a quenlla intentaba pillalo.
Os segundos do salto foron interminables.
Pedro chegou ileso ao outro borde, coma se nada houbese pasado eso si, o corazón ía a douscentos pero estba ben.
E que ten que ver isto coa amizade: que os bos amigos poden superar calquera cousa.
 
ANTI-TRAMPA
Xa sabedes que Pedro é unha desas persoas que vive a vida ao limite, ou polo menos vivíaa, asi que volve ás andadas.
Decidiu apuntarse a un campeonato de BMX estilo libre, é dicir, eso dos saltos etc.
Foise a California, e cando chegou ao lugar do torneo o campión do ano pasado xa non era o mello, xa que había xente máis boa ca el.
Día 1 do torneo:
O campión vai a convertirse no ex-campión xa que Pedro e algún máis eran moito mellor ca el. Pedro quedou de terceiro cando acabou o día.
Cando o lugar estaba a punto de pechar, as 12, Pedro ía a sair cando viu ao ex-campión afloxando unhas torcas das bicicletas dos mellores, ou lle desengrasaba as cadeas...
Pedro grabou iso coa súa cámara, nunca vira a alguén así.
Día 2, o último:
Pedro avisou aos demais, e claro, o tramposo levouse un chasco cando non funcionou.
Ao final, Pedro quedou de 2º e o tramposo de 3º.
E o que fixo Pedro cando viu iso o único que podía facer era ensinar o video que grabou.
A policía chegou a tempo para deter ao tramposo.
Finalmente, en honrra a Pedro fíxoxe unha festa.

A SUBASTA
Pedro é un neno moi perseverante. Nunca se rinde. Cando ten algo metido na cabeza non se rinde ata que o consigue. Un día estivo a punto de renunciar ao seu sono que tiña en mente.
Pedro ía case todos os días ao cuble dos videoxogos. Un luns o mestre dille aos nenos do clube:
-Este sábado organicei unha excursión.
-E de que trata?
-Imos ir a un salón, mellor dito unha subasta de videoxogos.
-Que guai. Só necesitades a autorización firmada dos vosos país e diñeiro.
Todos os nenos estaban entusiasmados. Entón chegou o día tan esperado. O mestre dille aos nenos:
-Xa chegamos, sentade ahí por favor.
Os nenos foron obedentes. A subasta comezou. Entón empezamos a votar. O que daban eran videoxogos. Pedro comezou a votar pero un neno tamén o quería. Despois de dez minutos seguían votando, ata que Pedro se quedou sen cartos aínda que o outro tamén. Pedro pediulle ao mestre e prometeulle que llo devolvería. Entón o mestre aceptou.
Pedro rematou gañando e estaba superfeliz.
 
UN EXAME DE CALMA
Eran as 12 da noite, un venres e estaba nervioso, tomeime tilas e fixen todo o posible para relaxarme ou durmir.
Ah! Claro ainda non vos contei o motivo de porque estou asi, escoitade:
Onte fixen un exame que valía a metade da nota final.
Costoume un pouco, en xeral, pero houbo unha pregunta, a ultima, que puxena a B-O-L-E-O, boleo, e por iso estou preocupado.
Bueno e iso e máis ou menos o que pasou.
Como non sabía que facer púxenme a ver a tele.
Non durmía e non o conseguía enton fun a dar un paseo. Nuns instantes encontreime a Guille, ese que me axudara a saltar a quenlla.
-Estou moi nervioso, Guille
-Por que?
-Por un exame e fixen todo o posible para relaxarme...
-Pois...Xa sei vin a un señor que facía hipnotismo.
-Veña imos!
Cando ese “mago” intentou hipnotizarme, non ocorreu nada.
-Mira neno ti tes que pegate un bo baño quente.
-Vale probarei.
Funcionou e saquei un 10. Siiiii!
AMOR
Pedro sempre estaba cos seus amigos e cando intentaba falar coas nenas poñíase moi colorado e nervioso.
A súa nai animábao pero nunca o conseguía. Un dia sucedeu ese milagro, Pedro puido falar cunha rapaza. Todo comezou no instituto.
Pedro estaba coma sempre cos seus amigos, e vai un rapaz e dille:
-Pedro, que che pasa?
-Nada, que me gusta unha nena pero non sei como dicirllo, sen que me poña nervioso.
-E, para que estan os amigos? Nós axudarémoste.
-Grazas, sodes moi amables.
Pedro agora estaba contentisimo co que lle dixeron. El nunca perdería a esperanza de que un día llo dixera.
Pasaban dias e semanas, e cada día Pedro acercábase máis a Belén, esa nena tan fermosa que lle gustaba. Ata que un día empezaron unha caonversa:
-Ola Pedro, como estás?
-Moi ben, e ti?
-Eu fenomenal.
-Ah si? Por que?
-Pois porque levo un días vendo a un neno que me gusta e non sei como llo podo dicir.
-Se queres eu pódote axudar.
-En serio, moitas grazas.
Pedro chegou a casa destrozado, non o podía crer, a aquela rapaza da que estaba namorado gustáballe outro. Chegou a súa habitacion e sen querer empezaronlle a caer gotas de auga pola cara. Anda que ao día seguinte ía sentir o contrario.
Pedro acercouse a Belén e empezoulle a falar.
-Belén, queres que che axude a decirlle a ese neno o que sintes?
-Si, vale.
Entón Belén cóllelle as mans a Pedro e dille:
-Gústasme dende a primeira vez te vin.
-Perfecto encantoume, agora so llo tes que dicir a el.
-Xa llo dixen, ese rapaz es ti.
-En serio non o podo crer. Queres saír comigo?
-Se queres, quero.
Os dous namorados pasaron o último trimestre do curso sendo parella. Según Pedro iso foi o mellor que lle pasou na vida. 
 LORENA&LOIS

  TAI, O PACIFISTA BIPOLAR.
Tai é un neno que ten dúas personalidades que son: a divertida e a aburrida.
Cando a súa personalidade é divertida ten pelo louro ollos azuis e sempre leva gafas de sol. A estrutura da cara é normal, é alto e atlético.
Cando a súa personalidade é aburrida:
Ten o pelo marrón, os ollos verdes e sempre está colorado. E por suposto, aburrido.
Só teñen unha cousa en común ,teñen a mesma altura.
Teñen coma rutina cada dous días cambiar de personalidade!
A HISTORIA DE TAI
Tai cando tiña cinco anos mudouse a Francia. Alí un día normal e corrente foi ao médico, foi a unha consulta de revisión e non que lle detectaron a súa bipolaridade.
Daqueles días traballou moito haber se se lle quitaban a bipolaridade. Pero o conseguiu?NON. Tai estivo recordando porque puido ter a bipolaridade. Despois de varios dias pensando decatouse de que o único que podería ser era un froito que lle deu un anciá. O neno foi a xunto do ancián e díxolle se fora o froito que lle deu o que lle provocou a enfermidade. O anciá díxolle que estaba posuído. Tai non lle creu e foise.
Que pasara coa súa enfermidade?
O PRINCIPIO DE TAI
Cando era un adolescente xa Tai tiña varios problemas na súa casa. De repente estaba contento e púñase triste. De maneira que os seus pais levárono o psicólogo que lle detectou unha bipolaridade. Os pais preocupados foron desconsolados para á casa. O neno moi seguro de si mesmo decidiu comezar unha aventura. Aínda non sabía o que lle esperaba. O neno vai en busca de xente coma el. O neno encontrou a alguén coma el nun pobo, a un neno chamado Erik. Vivía en Galicia, en Samos.
Os nenos subiron a unha montaña. Nesa montaña había unha árbore que lles podía curar pero...
Tai dixo
-Eu quero que me acepten coma son.
Erik estivo dacordo.
Aceptáronse a si mesmos.

ESPERANZA E DEPORTIVIDADE
Tai foi a xunta dun manager. Pediulle que lle recomendara un deporte. Sabedes o que lle recomendou?
Voleibol. Aos dous dias foi á clase de voleibol. Non lle gustou, volveu ir a xunta do manager , esta vez recomendoulle baloncesto , a os tres dias foi á clase, sabedes que pasou? Que o deixou. A terceira vai a vencida pois, así foi, a terceira apuntouse a pádel, o pádel encantoulle!! Era moi bo!! Agora sempre todos os luns e xoves vai a pádel. Con esperanza e deportividade conseguiuno.
AMIZADE
Tai estaba sempre só. Un día na súa casa colleu e púxose a xogar coa play. Dous dias máis tarde foi a xunta da súa nai e díxolle que lle gustaría ter amigos. A nai preguntoulle a Martín, que era fillo dun amigo . Un día quedaron para xogar á play e enfadáronse porque Tai dicía que facía trampas. Estiveron uns días sen falarse. Pasados uns días encontráronse, pedíronse perdón e Martín díxolle a Tai que si eran amigos de novo.
-A nosa amizade e mais importante que unha tolería de xogo- respondeu Tai.
O CAN PERDIDO                                                  
Un dia que Tai estaba xogando tranquilamente na súa casa, chamaron á porta. Abriu porque era e a súa veciña.
-Poderías coidar do meu can?-preguntou a veciña.
-Claro que si.-Dixo Tai
A veciña marchouse e Tai púxose a xogar co can.Despois de xogar un ratiño tivo sede e foi beber auga á cociña. Nese tempo o can aproveitou para escapar. Tai buscouno por todas partes pero non o encontrou.
Cando chegou a veciña a recoller o can, contoulle o que pasou.A veciña non se enfadou, sabía que o seu can se escapaba con moita frecuencia e depois volvía el só á casa. E así foi, o máis importante foi que Tai demostrou que era moi responsable.
 N ICA&DAVID
 
LAUYAN
Lauyan é un hasky que vivía en Alaska xunto aos seus pais ata que estes morrereon xuntos de frío caendo por un oco dun lago xeado. Salváronno do mesmo falecemento que os seus país uns esquimais que logo emigraron e deixárono só.
O can foi sen rumbo polo bosque, sen cobixo nin comida. Levaba camiñando varios días e atopouse unha cova onde pasou un tempo tratando de sobrevivir. Coñeceu a xente coa que pasou aventuras e aprendeu moitas cousas. Coa súa pericia, valentía e intelixencia resolverá mil e unha situacións...

                     DE AVENTURAS POLO BOSQUE
Un día ao mencer, cando xa se borraran as bágoas de soidade da faciana de Lauyan, saíu a buscar comida para sobrevivir.
Cando saíu da cova, cravouse unha ramiña na pata e doeulle tanto que, a alaridos pedía axuda:
-Ayyy! Dóeme moito!-berraba.
Por sorte, un coello branco que pasaba por alí curoulle a ferida e acolleuno na súa casa. El estáballe moi agradecido: xa tiña un amigo! Lauyan e Mico (o coello) fixeron moi boas migas e coñeceron a máis amigos.
Un día Mico, Lauyan e outros amigos: Lola(o esquío), Flora (a loba) e Perico(o paxaro) ían a merendar. De súpeto, cando xa todos devoraban os pasteis e sándwiches, apareceu un lobo e dirixiuse cara aos amigos:
-Dádeme as tartiñas-dixo.
-Son pasteis e tamén son nosos-dixo Lola-non chos darei.
O lobo ruxiu moi forte e xa ía papar a Lola cando Lauyan apareceu e díxolle, ruxindo a todo pulmón, que non lles molestara.
O lobo quedou aterrado e fuxiu tan rápido coma foi alí e todos felicitaron, extasiados a Lauyan:
-Puxéchelo no seu sitio, grazas por evitar que me pape -díxolle Lola.
-Fuches moi valente -comentou Mico.
-Ben por Lauyan!!!!!-berraron ao unísono Flora e Perico.
E a si foi como Lauyan conseguiu amigos. E é que os amigos son o maior dos tesouros.

                                               O FOGAR DE LAUYAN
Pasaba o tempo e Lauyan sentíase cada vez máis a gusto no bosque. Tiña moitos amigos e sabía onde calmar a súa fame e sede, só lle faltaba algo: a súa propia casa.
Dende un dos seus primeiros días no bosque, Lauyan facía vida na casa de Mico, pero iso xa remataría axiña.
Cando llo comunicou, Mico enfadado dixo:
-A min non me molestas aquí. Se é por iso, non te vaias.
-Non, non é por iso. Preciso unha casa propia para ser máis independiente -contestou Lauyan.
-Ben, dacordo. Mañá ao mencer iremos a buscar todo o necesario para decorala. Quedou ceibe unha cova por aquí preto- zanxou Mico.
Ao día seguinte, foron a visitar a cova e a comprobar se estaba en bo estado. A resposta foi que si.
-Pois non hai máis tempo que perder! Quédate aquí mentres eu vou buscar material...
Un rato máis tarde Mico volveu con ramiñas, follas, restos de froitos secos...
Nun periquete a cova estaba gustosamente decorada.
Lauyan e Mico, esgotados, foron cada un á súa casa e Lauyan quedou alí.
Pola noite, unha fortísima tormenta caeu sobre o bosque. Isto fixo que a cova estragárase por varias zonas e que montonciños de terra cubriran o chan.
Ao día seguinte, Flora, a loba pasaba por alí con Lola, o esquío, e ollaron isto.
-Lauyan! Pero que che pasa?-preguntou Lola, estrañada- E que fas aí?
Lauyan esplicoulles todo o da casa e o derrubamento.
-Pois...non hai tempo que perder!Imos amañar o buraco!-exclamou Flora.
E, cunhas ramas e algo de area mollada puxéronse a cubrir o buraco do tellado.
Parecía que quedara xenial cando unha brisiña derribou o amaño feito polos amigos.
-Poñédelle maís terra espesa!-dixo Lola.
Cun gran esforzo conseguiron tapar o buraco e a casa quedou xenial.
LAUYAN E O XABARÍN
Lauyan ía polo bosque morto de frío. De súpeto atopouse cun xabarín ferido cunha astilla cravada na man.
Lauyan foi correndo a axudarlle, o xabarín que apenas tiña un ano non sabía nin porse de pé. Lauyan contou ata tres:1...2...3 sacoulle a astilla de un tirón moi dolorido púxose a chorar. Lauyan coidouno coma se fose o seu fillo.
Aos doce anos Lauyan contoulle a súa historia e o xabarín pensou:
-“Que bo pai teño!” Agora sei porque me repite que a vida é moi longa e hai que vivila a tope. O meu pai é o mellor amigo, pai, irmán ata avó que un xabarín pode ter”.
O AMOR
O amor e algo que Lauyan non entende e nunca o experimentou.
Flora esta moi namorada de Lauyan , pero tiñan un problema. Lauyan pedíralle saír por unha carta. Pero ela respondeulle que llo dixera á cara, non cunha carta. Flora estívoo perseguindo todo o rato, mentras lle dicía:
-Sé ti mesmo e dimo á cara.
Lauyan díxollo á cara e conseguiu que lle respondera un ''tal vez'' , enfadouse tanto por ilo que lle dixo que o deixara en paz.
Ela seguiu perseguíndoo. Lauyan pensou: ''O que se fai por amor''.
MICO VAISE
Lauyan ten ganas de ir xogar ao fútbol nun claro día soleado do mes de maio, e a maioria dos animais estaban camiñando ou falando no medio da praza.
Todos se reuniron para ir a buscar a Mico á súa casa. Ali atopárono cos ollos chorosos e cun telegrama na man. Corren cara el e apértano.
-Que che pasa Mico? -Din ao unísono cariñosamente.
-A miña avoa enfermou -Di Mico entre bágoas.-Vou á súa casa a coidala.
Todo o mundo soubo comprender que Mico estábao pasando moi mal. Fixéronlle unha bonita e agarimosa despedida cando marchou.
-Adeus Mico!!
LAURA&YANKO

jueves, 11 de abril de 2013

AS "NOSAS" LENDAS

Estas lendas son produto da nosa imaxinación, pero como habelas, hainas; haberá que telas en conta...

A NEVE
Nun pobo toledano reinaba un malvado rei chamado Xulio. Xulio tiña unha riqueza enorme a costa do traballo do seu poboo.
Un día de frío inverno o castelo apareceu cuberto por unha estraña capa banca da que no puido escapar
Por iso en todos os sitios nos hai esa capa branca, que agora chamamos neve, reinara un malvado rei ao que castigaran.
 IVÁN B    

 
Por que hai marea alta e marea baixa?
Por aquel entón a marea estaba alta todo el ano menos el 21 de marzo. Ese día era o día en que empezaba la primavera, ás doce menos cuarto baixaba a marea e oíanse berros. Isto débese a que ese día ían casar a unha rapaza de quince anos cun señor. Se lograba casarse con ela tería o mellor castelo do mundo e unha morea de cartos. O día da boda era 21 de marzo e os preparativos xa estaban listos. De súpeto a rapaza escapouse e como la perseguían tirouse ao mar e non apareceu nunca máis. Por iso se di que ás doce e media a marea baxaba para que ela puidera tirarse á agua, tamén se oen os berros dos país buscándoa.
Dende entón a marea sube e baixa.
NEREA 

O CHOCOLATE 
Dise, que cando os españois chegaron a América, os indíxenas gardaron moito cacao nunha cova subterránea moi escondida.
Cavaron para facer un gran burato e meter aí todo o cacao. Pasou moito tempo e non se sabe como todo ese cacao se puido facer chocolate, e o raro é que segue ben conservado. Uns din que sabe a cremas, outros din que a chocolate quente, pero iso non é o que importa.
Isto é unha lenda, así que pode que non exista, ou pode que si nunca se sabe...
LOIS

A TORMENTA
 
-As tormentas non proveñen das nubes se non que proveñen dunhas persoas que están enriba delas. Cando fai Sol eles dormen tranquilamente pero cando se esconde comezan a lanzar toda a mercancía que teñen. A tormenta está formada por : Trono, Raio e Lóstrego. A todas as persoas que os coñecen caíronlle moi ben. Os tres todas as mañás afían as súas armas. Sempre nos están vixiando para saber cando teñen que castigarnos. Algún día que outro non se enteran de nada porque case sempre están nas berzas ou discutindo entre si. 
LORENA  
 
-A tormenta provócase porque hai persoas que son malas coa xente e os deuses gregos enfadáronse. Pero un día un mozo intentou facerlle algo malo a outro, foi o colmo para os deuses. Decatáronse de que iso non podía ser, entón dixeron:
-Imos idear un plan para castigar á xente mala.
Uns días despois viron que seguían sendo malos e preguntarónlle a Zeus que era o mandamáis.
-Zeus, podemos facerlle algo aos malos?
-Non
E así foi como un día, mataron a xente boa.
Os deuses enfadaronse moitísimo e botáronlle a culpa a Zeus.
E ao final, Zeus lanzou raios, relámpagos e tronos, como castigo. 
ALEXIS   

O ARCO DA VELLA  

Antigamente, fai milleiros de anos no mundo non había cores e aínda non existía o sol. Era un mundo de branco e negro e sempre estaba a chover; había sete ringleiras de gotas de auga dende o ceo ata o chan. Entón xurdiu que de entre as nubes apareceu Deus levando consigo o sol, que así fixo que chegase. Chovía e facía sol, e entón todos os raios luminosos do sol enfocaron nas gotas prismáticas de todas as ringleiras, e fixo que cada raio atravesase unha gota diferente. Así, cada fila tivo unha cor diferente: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta; e a súa forma era dun arco.
Por fin, existiron as cores e ás veces sae o sol, outras veces chove, e ás veces ambolosdous. Así, recordamos o momento no que existiron as cores e este fenómeno do a natureza grazas a Deus: o arco da vella.
IRENE 

-O arco da vella xurdiu fai moitos anos nun pequeno pobo de Grecia. O deus do chan era o mais popular entre eles. Neste pobo levaban 400 anos sen chuvia.
Un día soleado, coma sempre, todos os habitantes sairon á rúa para aproveitar ise día tan bó, cando, de repente unha gran chuvia comezou; nese instante unha columna de sete cores encheu o ceo.
Dende ise intre dise que o arco iris produciuse porque o deus do chan alegrouse tanto de que por fin chovese que o seu sorriso foi tan grande que se convertiu no arco da vella.

     ANTÍA    



       

  

A RATIÑA LIGONA

Había unha vez unha  linda ratiña de ollos azuis e longo cabelo chamada María que barría a porta da súa casa cando atopou un billete de dez euros. María non o pensou dúas veces e foi a Bershka a mercar unha gorra. Ao volver a casa…
-Que guapa estás, María. Queres ser a miña moza?-preguntoulle un veciño hámster.
-A que hora te conectarás ao Messenger? –preguntou María.
-Ás nove -contestou.
-A esa hora non podo, botan “La que se avecina” na tele –dixo a ratiña.
E así todos. Uns conectábanse ás oito, outros, ás seis, ás once ou ás catro. Ata que un día…
-Ola María, estás fermosa –dixo un aposto rato- queres saír comigo?
-Depende… a que hora poderás chatear?
-Ás dez –contestou o rato.
-Venme perfecto a esa hora –dixo, feliz, María.
Aínda hoxe son noivos e cada día, ás dez mándanse mensaxes románticos polo Messenger.

LAURA      

miércoles, 10 de abril de 2013

A RÁ E A BOLA DOURO


Un bo día ía unha nena rica xogando coa súa bola douro e escoitando o seu ipod. A boliña íaa lanzando polo aire cando de súpeto caiulle no estanque da Praza América e non era capaz de collela. Arrimábase e arimábase, pero cada vez que quería botarlle a man máis se afundía a boliña.
De seguido apareceu unha rá co seu cabelo loiro e o seu mini coche. A nena non paraba de chorar e chorar.
A rá preguntoulle:
-Nena , por que estás chorando?
A nena respondeulle:
-Caeume a pelota douro nesta praza e non son capaz de collela.
A rá ó vela asi, díxolle:
-Eu collereina, pero... que me darás a cambio? Díxolle a rá chiscándolle un ollo.
-Unha cea e cobixo durante unha semana!
A rá aceptou e colleulle a pelotiña douro. Mentres  estáballe resbalando o coche e eh!!, cras! Caeulle enriba dunha perna, consegiu pasarlle a pelota pero a nena rencorosa foise alegre e cantando.
A rá gritando repetidas veces, dicíalle:
-E a nosa promesa?
A rá conseguiuse recuperar rapidamente e foi detrás dela.
Conseguiu ver onde vivia e quedouse asombrado por que cando viu o coche do seu pai flipou, era un Alfa RomeoV9, un coche de alta gama. Foi a chamar á porta e cando á abriu, a nena estaba escoitando música co seu ipod e cando viu quen era cerroulle a porta nos narices.
A rá colleu o coche e entrou rompendo a porta. Foi a xunto da nena e bicouna, convertiuse nun principe e namoraronse. Pasado un tempo, casaron e foron felices para sempre.
YANKO       

OS NOVOS CONTOS DOS TRES PORQUIÑOS

Os tres porquiños nas fallas de Valencia.
Chegaba o inverno e l os tres porquiños construían as súas casas.

O primeiro construíu unha casiña, destas de campo.

O segundo construíu un edificio.

E o terceiro un rañaceos.

Na guarida do lobo escóitanse ruídos. Que será?

O lobo está construíndo un raro artefacto. É unha arma que lanza uns potentes ventos!

Cando os tres porquiños xa remataran as súas casas, apareceu o lobo coa súa gran arma. Pero non derribou ningunha casa, entón preguntoulle aos porquiños:

- Por que non derrubo as vosas casas?

-E que fixémolas cun novo material.

-E con q... -interrompeulle unha gran multitude de xente.

-Mirade, xa chegaron!- dixeron os tres poquiños felices.

-Que fai esta xente aquí?- preguntou o lobo.

-Explicámoscho.Hoxe é o día das...fallas de Valencia!

Entón, fixemos a casa dun material novo que se queima.

-Que chulo! -dixo o lobo.

Ao final os catro quedaron como amigos para sempre. Pasaron moi contentos unha boa tarde vendo como se queimaban todas as fallas  de valencia.
  IVÁN  B

Os tres porquiños de hoxe en día: "Os tres monumentos".
No mundo de hoxe existían tres porquiños. Cada un desexaba facer o monumento máis famoso da historia, pero había alguén que llo impedía: o lobo feroz; que non quería mellorar o mundo con novos inventos, nin que os porquiños se fixesen famosos.
O primeiro porquiño investiu un mes en logralo, pero conseguiu construír o que coñecemos na actualidade como acueduto romano. Un pouco antes de que o rematase, o lobo fixo que houbese un derrubamento de auga, esnaquizando así gran parte do monumento.
O segundo porquiño investiu un ano, pero conseguiu construír o seu monumento: as torres xemelgas, que eran rañaceos. Pero o lobo, fixo que dous avións, co piloto automático, chocasen contra os grandes edificios derrubándoos case por completo.
O terceiro porquiño non investiu nin unha semana, nin lle deu tanto traballo construílo, nin foi tan difícil de usar. E ademais de ser un grande invento, non monumento, remataría co lobo e deixaría libres aos porquiños para poder facer todo o que lles petase.O inverno chegaba, e nos últimos días soleados, todos os animais da terra necesitaban recoller leña e construír unha casa (que era a seguinte construción para os porquiños) para quentarse. O lobo tamén o necesitaba, e os porquiños xa lle prepararan algo: deixáranlle un montón de leña no bosque, e xa que facía tanto sol, xusto cando o outono se remataba, o lobo dixo: Que boa sorte! -E colleu a leña. Pero mentres, o terceiro porquiño levou a cabo o seu plan. Fixo que un raio de sol rebotase contra un espello que colocou preto da leña, e este raio, chegou á leña, queimando así o lobo.
Por fin, os tres porquiños puideron construír algún invento, ou a súa casa para o inverno. E foi un inverno moi tranquilo, ao igual que o estivo o bosque, e todos os animais que vivían nel.
E así son os tres porquiños de hoxe en día.
IRENE  
Os tres netos.

Os netos dos tres porquiños van ter un conto non tan famoso como o dos seus avós pero terán un.
-Avó, cóntasnos a historia das tres casas e o lobo?
-Non, teño unha idea mellor. Que tal se facedes vós unhas casas?
-Vaia, que boa idea!
     Ao instante, os tres saíron correndo a buscar materiais, pero non fixeron tres casas senón un hotel de tres edificios pequenos.

Un era de madeira e pedra, outro de ladrillos e outro de metal groso pero as partes que se vían estaban cubertas de madeira para dar un rematado máis bonito.
Acabaron de construír os hoteis e chamáronos Oink, Oink.
      Por desgraza, o inimigo dos tres porquiños volvía ser o lobo, só que neste conto o lobo ten granadas. Un día o lobo chegou sixilosamente e de súpeto. Bum! Bum!

Os dous primeiros hoteis explotaron pero cando o intentou co terceiro non funcionou.
      Os tres porquiños sabían que era o lobo, entón chamaron a policía.Sen que se decatase o lobo quedou no cárcere e colorín colorado este lobo está encerrado.
       Pero o lobo nunca se rende e volve ao ataque, aínda que isto é outra historia.
       LOIS