Impresións do encontro con Marco Antonio, alumno do noso cole fai uns 44anos.
Gustounos moitísimo saber como era o noso cole fai anos.
Foi interesante saber como era o noso cole nos seus comezos.
Sentinme apenado xa que xogaban nos campos derredor ou na rúa. Debían de pasalo xenial.
Antes tiñan clase pola mañá e pola tarde. Menos mal que cambiou o horario!
Pensei que o cole era fantástico. Sentinme coma se estivera eu alí xogando ao fútbol e a vaca mirando.Transporteime a aquel momento no que o patio estaba cheo de herba e onde a xente tiña unha vida máis sinxela que a de agora, sen tecnoloxías.
Resultou unha conversa divertida, entretida, sorprendente e aprendemos unha chea de cousas.
Non nos gustou nada que aqueles alumn@s do cole non lle puxeran nome á vaca. Nós decidimos porlle un nome póstumo porque tiña moito protagonismo dentro da escola. Puxémoslle Filomena!
Debemos sentirnos privilexiados porque a nosa escola medro cos tempos, ten moitas cousas boas. Sentímonos felices e aprendemos moito. Vaia se aprendemos!
Os profes de antes eran máis severos e distantes, agora son máis amigables e temos máis confianza con eles.