AUGUIÑA

A AUGA É VIDA
Había unha vez un rei moi avaro que non quería
gastar o diñeiro na auga así que a prohibiu.
-A min paréceme unha tolería gastar tanto diñeiro
na auga podendo beber outras cousas, podendo regar as plantas con zume, podendo
asearse con toalliñas...A auga é un desperdicio.
E así foi, a auga nese país non existía. A medida
que pasaba o tempo as plantas morrían, a xente enfermaba por non tomar auga, a
xente non se aseaba...Pero o rei era feliz, a el dáballe igual ter auga ou non,
el tíñao todo.
Un día soñando, o rei era un plebeo calquera, un
emporcallado, enfermo e nun lugar sen plantas. Logo tamén soñou que era
un neno de África sen nada para beber.
Cando espertou deuse conta de que a auga e a cousa máis importante do mundo e
non pode faltar custe o que custe. Nun mundo con auga vívese mellor, vívese
xenial, a auga é o que só piden os que por algunha razón non a poden ter.
Todo o mundo debería ter auga.
-Xa non volverei a prohibir a auga -dixo o rei
orgulloso pola súa decisión. Adriana