Se por arte de maxia un personaxe fantástico me dixera que pedise tres desexos, non dubidaría en pedilos.
O primeiro desexo sería se sempre feliz porque así non tería que preocuparme por nada.
O segundo desexo sería ter máis desexos porque así podería pedir máis cousas.
E o terceiro desexo sería que no mundo houbera paz e felicidade porque agoara hay moitas guerras.
Eu pediría máis desexos que agora non vou dicir porque son meus persoais. Os que pido son tamén para todo o mundo.
O primeiro q pediría sería un xogo porque o ten unha amiga e encantoume. Ademais é bastante barato e con el pode xogar toda a familia.
O segundo desexo que pediría sería unha bicicleta nova porque a que teño quédame pequena e ten dúas rodas pinchadas.
e un terceiro desexo sería que ao meu pai lle pagaran un pouco máis no traballo porque lle pagan moi pouco e grazas a que a miña nai gana algo máis podemos vivir.
Despois de todo, algúns dos desexos que pido son un pouco egoístas, agás o terceiro que faría moi feliz ao meu pai.
Lorena
O primeiro desexo que pediría sería ter moitos amigos porque é moi divertido xogar con eles, falar con eles e quedar con eles. E así nunca estaría aburrida.
Coma segundo desexo pediría que cando fora maior tivera casa e traballo porque así viviría mellor e tamén sería todo máis fácil.
E un terceiro desexosería a PAZ mundial, que non houbese guerras e que tivéramos os mesmos dereitos porque así todos viviríamos en paz e tranquilos e sería o mellor para o mundo.
Despois de todo, non creo que me faga falta ningún desexo porque xa dispoño de todo o que necesito. Ademais se traballo e estudo moito, seguro me resultará moi fácil coseguir os meus desexos.
Irene
O MEU PERSONAXE FANTÁSTICO
O meu personaxe chámase Colorado. É un trasno licenciado na arte do disfrace. En menos de dous segundos pódese convertir en distitos animais, obxectos, persoas...
Este trasno vive nunha caixa de zapatos. Para chamalo basta con pórse os zapatos pertencentes a esa caixa. Colorado é de moitas cores. Ten moi bo corazón e sempre é amable.
Alexia