NOEMA
E O SEU AVÓ
O
meu avó que xa sabemos que é un aventureiro, un día faloume dos
seus pais, dos meus bisavós . Contoume que a miña bisavoa foi
costureira e ama de casa. A bisavoa sabía coser e remendar moi ben
as camisas do seu fillo, é dicir, do meu avó. A bisavoa tamén foi
ama de casa pero é diferente a ama de chaves : unha ama de casa
coida do seu fogar e unha ama de chaves estaba contratada nunha
casa, coida a casa doutros. O meu bisavó foi mecánico de coches. El
traballaba cos gatos pero non cos gatos de animais, cos gatos do
coche. Tamén foi leñador , traballaba coa leña e coa hacha pero...
non pensedes que lle daba moita leña a o meu avó! O meu bisavó e a
miña bisavoa foron uns traballadores estupendos.
E
isto foi o que me contou o meu avó sobre os meus bisavós. Dicíame
que estaba moi orgulloso deles que foron quen de que con moi poucos
medios sacar adiante a súa familia. A pena é que non os puiden
coñecer!
Lorena
A
MAIOR FALCATRUADA DO MUNDO
Un
día,co meu avó Pablo fun xogar ao fútbol, pero había un problema
que o campo tiña cantidade de herba seca moi alta. Eu quería xogar
ao fútbol e estaba empezoñadísimo, polo que o avó quixo
compracerme porque a el encántelle xogar comigo. Sen pensalo moito o
avó colleu un chisqueiro e queimou aquela herba. Houbo un
problema porque case se queima a roupa dos campesiños da aldea. A
roupa estaba un pouco máis arriba ao clareo porque daquela non
tiñamos lavadoras. A roupa aínda tiña algo de humidade e
afumouse abondo. Ao ver o lume os veciños acudiron axiña e o meu
avó e máis eu corremos a escondernos. Os veciños estaban moi
enfadados e ademais non tiñan moita roupa de reposto. O meu avó e
mais eu seguimos correndo e cando xa pasar o perigo dime o meu avó:
-Foi
divertido!
E
votouse a rir. Eu tamén rin e así foi como fixemos una aventura das
nosas.
Yanko
A
FADA DO MONTE
O
meu avó é un verdadeiro aventureiro. Un día faloume dun monte
onde, el de pequeno descubrira unha fada. Eu despois dun tempo
esquecinme do tema pero... Nós mudámonos a unha casa preto dese
monte. Pola noite escapeime, pero, xusto cando ía abrir a porta, o
avó colleume da man e dixo:
-Se
queres ir, eu vou contigo.
Eu
asentín e sen demora fómonos para aló. Mentres camiñabamos, o avó
estaba ilusionado con encontrar aquela fada de novo.
Cando
xa eran case as dúas da mañá eu dixen:
-Avó,
podemos...
El
interrompeume:
-Mira
alí!
E
efectivamente, alí estaba, sentadiña naquela pedra case desvanecida
polos meus ollos adormecidos.
-Non
queres espertala, verdade avó?- Dixen eu o ver aquela expresión de
fascinación na cara.
-Non.
É mellor deixala descansar. As fadas teñen moi mal humor cando non
dormen, sabíalo?
-Non
so as fadas!- Dixen eu
O
avó comezou a rir mentres volvíamos para a casa.
ANTÍA
A
PESCA INOPORTUNA
Un
día,o avó e mais eu fomos á aldea de pesca e pasounos unha cousa..
Estabamos
a pescar cando de súpeto asomeime moito ao río e caín de cabeza.
Nadei como puiden,mais non nadaba ben sen flotador.
O
avó tirouse ao auga para rescatarme (e iso que el tampouco sabe
nadar) e case afogamos os dous pero o avó deu brazadas, achegouse a
unha rocha e agarrouse nela para subir.
Chegamos
á casa mollados coma pitos e mamá regañounos;pero deume igual, eu
ben sei que o meu avó é un campión.
Laura
O
tarro de fresas
Íamos
a preparar unha cea con toda a familia. A miña nai comprara fresas
estaban que estaban moi caras e dixéranme que como as comera...
Pero
eu quería comer fresas e o avó era como se me lera o pensamento,
estaba debaixo da mesa e ía coller as fresas.
Cando
as colleu díxome.
-Ven
Noema, axúdame a comer as fresas.
Non
o pensei dúas veces e fun correndo pero ás caladiñas.
Despois
de comelas deixamos o tarro enriba da mesa e fuximos ao Estanque dos
Parrulos Pobres pensando no enfado da miña nai que por certo es peor
que o de papá.
Entón
despois volvemos á casa e a miña nai estaba con Pablo o meu irmán.
Nin sequera se decatara da nosa falcatruada. Así que collemos o
tarro de fresas e trocámolo por outro que tiña espárragos.
Entón
lle dixemos que trouxera espárragos en troques de fresas.
Ela
creeme e o avó e eu librámonos dunha boa.
Uxía.
Un
dia na piscina, unha semana na cama.
Acórdome
do día, no que eu lle preguntei ao meu avó, que cando aprendeu a
nadar e el contestoume que aínda que fora pirata, nunca. A verdade
é que non mo esperaba.
Ese
mesmo día tomei a decisión de que deberíamos aprender a nadar,
posto que eu tampouco sabía.
Os
dous dirixímonos á piscina da praza. Estivemos toda a santa hora
xogando. Ao saír, empezou a facer vento e frío.
A
semana enteira, estivemos os dous na cama estordegando e tusindo. A
próxima vez, iremos a piscina no verán, aínda que sexa
cuberta.
Alexia.