REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 5 de noviembre de 2012

HISTORIAS DA MOSCA DA TELE

A MOSCA MOI PESADA


Había unha vez nunha cidade de España, un progama de telivisión chamado “A partirse de risa”.

Todas as mañás as dez e media empezaba, pero unha mosca sempre aparecía e facía de todo: picaba ao director, facíalle cosquillas ao cámara e molestaba ao presentador. As doce menos cuarto aparece a mosca e ponse diante do lente da cámara e así todos os días a mesma hora.

Ata que un día todos os que traballaban alí fartáronse e colleron un matamoscas. O presentador viu a mosca no lente e matouna e quedou o sangue no lente.

Desde entón ningunha mosca volveu a interrumpir no plató de televisión.
                                                           Lorena


A VINGANZA MOSCAS

Todos os días a mosca da tele andaba de cámara en cámara,... e tiro porque me toca, na hora do telediario.
Pero un día, un cámara usou un ¡¡¡ MATAMOSCAS !!!
A mosca quedou tola despois dun golpe.
Outras moscas levárona a un hospital de moscas e superou con éxito unha difícil operación. Tivo que ir ao CIPM (Coidados Intensivos Para Moscas) durante varios días.
A mosca tivo unha idea.
- Xa que estou ben... vamos a dar guerra de novo.
Volveu ao estudio da televisión con outras moitas moscas, pero non foron ás cámaras senón que ían directamente aos presentadores, xa que eran máis importantes.
Algunhas seguiron recibindo golpes, pero todo mundo viu en directo como lle facían a vida imposible aos presentadores.
A vinganza foi un éxito.  
                                                                                       Lois

 
A MOSCA SUPERESTAR
Hai uns anos, un mosquito traveso e moi atractivo andaba polos platós da primeira cadea da televisión en horario de máxima audiencia. Para os humanos molestaba, pero no mundo das moscas era unha superestar, superestrela. Cantaba e bailaba mediante zumbidos e aleteos, As adolescentes moscas berran coma tolas ao vela na tele.

Un día, a mosca canta unha nova balada, todo o país estaba emocionado. Movíase suavemente, tan suavemente que....matamoscas!! e mosca aplastada, e líder en ventas, un CD póstumo e sumidoiro co seu nome e....repelente de bichos nos estudos de T.V.
                                                                                                        Laura