REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 5 de noviembre de 2012

NOTICIA MOI IMPORTANTE

A  REFORMA  MÁIS  ESPERADA

Hoxe, luns, 5 de novembro é un día moi especial para nen@s, pais, nais e profesores do CEIP ILLAS CÍES porque abre as portas o novo comedor.
Por  fin  imos estrear este novo comedor que levabamos tanto tempo esperando e que tanta falla facía. Con el diremos adeus ao segundo turno e xa non haberá motivo para comer frío o xantar porque poderemos comer todos ao mesmo tempo.
Ademais este novo comedor será tamén salón de actos. Imaxinádelo... Comer mentres vedes un espectáculo? Pero non , non vai funcionar así, ou comemos ou actuamos. Polo tanto este comedor vennos ben a todos.
Moitas grazas a todos os que  loitaron para conseguir este comedor que hoxe poderemos estrear.