REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 26 de noviembre de 2012

HISTORIAS E FALCATRUADAS DE NOEMA E O SEU AVÓ



NOEMA E O SEU AVÓ

O meu avó que xa sabemos que é un aventureiro, un día faloume dos seus pais, dos meus bisavós . Contoume que a miña bisavoa foi costureira e ama de casa. A bisavoa sabía coser e remendar moi ben as camisas do seu fillo, é dicir, do meu avó. A bisavoa tamén foi ama de casa pero é diferente a ama de chaves : unha ama de casa coida do seu fogar e unha ama de chaves estaba contratada nunha casa, coida a casa doutros. O meu bisavó foi mecánico de coches. El traballaba cos gatos pero non cos gatos de animais, cos gatos do coche. Tamén foi leñador , traballaba coa leña e coa hacha pero... non pensedes que lle daba moita leña a o meu avó! O meu bisavó e a miña bisavoa foron uns traballadores estupendos.
E isto foi o que me contou o meu avó sobre os meus bisavós. Dicíame que estaba moi orgulloso deles que foron quen de que con moi poucos medios sacar adiante a súa familia. A pena é que non os puiden coñecer!
                                                                                               Lorena


A MAIOR FALCATRUADA DO MUNDO
Un día,co meu avó Pablo fun xogar ao fútbol, pero había un problema que o campo tiña cantidade de herba seca moi alta. Eu quería xogar ao fútbol e estaba empezoñadísimo, polo que o avó quixo compracerme porque a el encántelle xogar comigo. Sen pensalo moito o avó colleu un chisqueiro e queimou aquela herba. Houbo un problema porque case se queima a roupa dos campesiños da aldea. A roupa estaba un pouco máis arriba ao clareo porque daquela non tiñamos lavadoras. A roupa aínda tiña algo de humidade e afumouse abondo. Ao ver o lume os veciños acudiron axiña e o meu avó e máis eu corremos a escondernos. Os veciños estaban moi enfadados e ademais non tiñan moita roupa de reposto. O meu avó e mais eu seguimos correndo e cando xa pasar o perigo dime o meu avó:
-Foi divertido!
E votouse a rir. Eu tamén rin e así foi como fixemos una aventura das nosas.

                                                                                                 Yanko



A FADA DO MONTE

O meu avó é un verdadeiro aventureiro. Un día faloume dun monte onde, el de pequeno descubrira unha fada. Eu despois dun tempo esquecinme do tema pero... Nós mudámonos a unha casa preto dese monte. Pola noite escapeime, pero, xusto cando ía abrir a porta, o avó colleume da man e dixo:
-Se queres ir, eu vou contigo.
Eu asentín e sen demora fómonos para aló. Mentres camiñabamos, o avó estaba ilusionado con encontrar aquela fada de novo.
Cando xa eran case as dúas da mañá eu dixen:
-Avó, podemos...
El interrompeume:
-Mira alí!
E efectivamente, alí estaba, sentadiña naquela pedra case desvanecida polos meus ollos adormecidos.
-Non queres espertala, verdade avó?- Dixen eu o ver aquela expresión de fascinación na cara.
-Non. É mellor deixala descansar. As fadas teñen moi mal humor cando non dormen, sabíalo?
-Non so as fadas!- Dixen eu
O avó comezou a rir mentres volvíamos para a casa.
                                                                                           ANTÍA



A PESCA INOPORTUNA

Un día,o avó e mais eu fomos á aldea de pesca e pasounos unha cousa..
Estabamos a pescar cando de súpeto asomeime moito ao río e caín de cabeza. Nadei como puiden,mais non nadaba ben sen flotador.
O avó tirouse ao auga para rescatarme (e iso que el tampouco sabe nadar) e case afogamos os dous pero o avó deu brazadas, achegouse a unha rocha e agarrouse nela para subir.
Chegamos á casa mollados coma pitos e mamá regañounos;pero deume igual, eu ben sei que o meu avó é un campión.
                                                                                            Laura

O tarro de fresas

Íamos a preparar unha cea con toda a familia. A miña nai comprara fresas estaban que estaban moi caras e dixéranme que como as comera...
Pero eu quería comer fresas e o avó era como se me lera o pensamento, estaba debaixo da mesa e ía coller as fresas.
Cando as colleu díxome.
-Ven Noema, axúdame a comer as fresas.
Non o pensei dúas veces e fun correndo pero ás caladiñas.
Despois de comelas deixamos o tarro enriba da mesa e fuximos ao Estanque dos Parrulos Pobres pensando no enfado da miña nai que por certo es peor que o de papá.
Entón despois volvemos á casa e a miña nai estaba con Pablo o meu irmán. Nin sequera se decatara da nosa falcatruada. Así que collemos o tarro de fresas e trocámolo por outro que tiña espárragos.
Entón lle dixemos que trouxera espárragos en troques de fresas.
Ela creeme e o avó e eu librámonos dunha boa.

                                                                                               Uxía.

Un dia na piscina, unha semana na cama.


Acórdome do día, no que eu lle preguntei ao meu avó, que cando aprendeu a nadar e el contestoume que aínda que fora pirata, nunca. A verdade é que non mo esperaba.
Ese mesmo día tomei a decisión de que deberíamos aprender a nadar, posto que eu tampouco sabía.
Os dous dirixímonos á piscina da praza. Estivemos toda a santa hora xogando. Ao saír, empezou a facer vento e frío.
A semana enteira, estivemos os dous na cama estordegando e tusindo. A próxima vez, iremos a piscina no verán, aínda que sexa
cuberta.

                                                                                                       Alexia.

martes, 20 de noviembre de 2012

HISTORIAS DE VERBOS

MI AMIGO VERBO

Hace unos años, tuve un amigo llamado Verbo. Verbo era inteligente, activo y muy muy carismático. Podía cambiar de humor, actitud e incluso de personalidad en segundos.
Un dia estaba furioso y no quería mas que gritar; en cambio, a los cinco minutos, no podía parar de reir y jugar.
Realizaba muchas acciones, pero no sabía como llamarlas. Un día, mientras estaba en clase, el director de su colegio le llamó. Él se preocupó mucho, pero nada malo había hecho.
En cambio, el director no tenía la cara seria de siempre, sino una gran sonrisa que le iluminaba el rostro.
Ya en su despacho, el director presentó a Verbo otro director, pero uno más importante: el director de la Real Academia Española de las Lenguas:
- Hemos hecho muchos "castings" y tras ellos tu fuiste para nosotros la persona perfecta. -le dijo.
-¿Para qué?- dijo Verbo con mucha timidez.
-¿Pues....como eres tan inteligente, para poner nombre a todas las acciones que realizas.
-¿Y como?- dijo Verbo.
- Así.
El Señor Director señaló un diccionario con la definición de aquella nueva palabra. Verbo saltó y allí solo quedó su nombre escrito sobre la definición: "Palabras que expresan acciones". Y éstas se llamaron "verbos".
Aún ahora, cuando estudiamos los verbos me viene un escalofrío porque era muy buen amigo mio.
Después de todo, eso sólo era un rumor. Puede que, lo que le haya dicho el director era que se mudaba con sus padres a otro lugar, o que estos habían encontrado un colegio mejor para él. Pero yo, a pesar de todo, siempre he intentado creer esta mágica historia.
                                                                                   LAURA

EL VERBO AUXILIAR

Había una vez, un verbo nacido y criado en ´´Verbilandia´´. Este verbo del que os hablo se llama Haber. Es el verbo más generoso del mundo, os contaré por qué.
Un día Haber, iba por las calles de Verbilandia, todo tranquilo y, encontró a otro verbo al que no veía desde el instituto.
-Tener! Cuanto tiempo- dice Haber.- ¿Qué tal estás?
-Haber! Si, mucho tiempo. Yo, por ahora sin queja, pero...
-¿Pero qué? Cuéntame.
-No nada, sólo qué, me ha llamado un lingüista muy famoso. Dijo que yo, y todos los verbos, tenemos que crear otro tipo de formas verbales...
-¿Cómo?- dijo Haber- ¿A parte de las simples?
-Si!
-Estoy... Buff! Que raro- Dice Haber.
-¡A qué si!
-Pero, Tener, no te preocupes, yo te ayudaré!
-¿En serio?
-¡Pues claro!
-¡Gracias!
Así, después de un tiempo, Haber y Tener, fueron creando formas verbales como: Haber tenido, hubiere tenido...y las fueron extendiendo a otros verbos; he saltado,  habré corrido, hubiere salido, haya estudiado,.... Consiguiendo así que, Haber fuese internacionalmente conocido como: ´´El verbo más generoso del mundo” y llamado:  "EL VERBO AUXILIAR".
                                                                                                ANTÍA

miércoles, 14 de noviembre de 2012

OS MEUS DESEXOS

Se por arte de maxia un personaxe fantástico me dixera que pedise tres desexos, non dubidaría en pedilos.


O primeiro desexo sería se sempre feliz porque así non tería que preocuparme por nada.
O segundo desexo sería ter máis desexos porque así podería pedir máis cousas.
E o terceiro desexo sería que no mundo houbera paz  e felicidade porque agoara hay moitas guerras.
Eu pediría máis desexos que agora non vou dicir porque son meus persoais. Os  que pido son tamén para todo o mundo. 

                                                                                                 Iván  D.


O primeiro q pediría sería un xogo porque o ten unha amiga e encantoume. Ademais é bastante barato e con el pode xogar toda a familia.
O segundo desexo que pediría sería unha bicicleta nova porque a que teño quédame pequena e ten dúas rodas pinchadas.
e un terceiro desexo sería que ao meu pai lle pagaran un pouco máis no traballo porque lle pagan moi pouco e grazas a que a miña nai gana algo máis podemos vivir.
Despois de todo, algúns dos desexos que pido son un pouco egoístas, agás  o terceiro que faría moi feliz ao meu pai.

                                                                                                Lorena

O primeiro desexo que pediría sería ter moitos amigos porque é moi divertido xogar con eles, falar con eles e quedar con eles. E así nunca estaría aburrida.
Coma segundo desexo pediría que cando fora maior tivera casa e  traballo porque así viviría mellor e  tamén sería todo máis fácil.
E un terceiro desexosería a PAZ mundial, que non houbese guerras e que tivéramos os mesmos dereitos porque así todos viviríamos en paz e tranquilos e sería o mellor para o mundo.
Despois de todo, non creo que me faga falta ningún desexo  porque xa dispoño de todo o que necesito. Ademais se traballo e estudo moito, seguro me resultará moi fácil coseguir os meus desexos.   

                                                                 Irene

O   MEU   PERSONAXE  FANTÁSTICO

O meu personaxe chámase Colorado. É un trasno licenciado na arte do disfrace. En menos de dous segundos pódese convertir en distitos animais, obxectos, persoas...
Este trasno vive nunha caixa de zapatos. Para chamalo basta con pórse  os zapatos pertencentes a esa caixa. Colorado é de moitas cores. Ten moi bo corazón e sempre é amable.

                                                                                                 Alexia



                                                                                            

lunes, 5 de noviembre de 2012

NOTICIA MOI IMPORTANTE

A  REFORMA  MÁIS  ESPERADA

Hoxe, luns, 5 de novembro é un día moi especial para nen@s, pais, nais e profesores do CEIP ILLAS CÍES porque abre as portas o novo comedor.
Por  fin  imos estrear este novo comedor que levabamos tanto tempo esperando e que tanta falla facía. Con el diremos adeus ao segundo turno e xa non haberá motivo para comer frío o xantar porque poderemos comer todos ao mesmo tempo.
Ademais este novo comedor será tamén salón de actos. Imaxinádelo... Comer mentres vedes un espectáculo? Pero non , non vai funcionar así, ou comemos ou actuamos. Polo tanto este comedor vennos ben a todos.
Moitas grazas a todos os que  loitaron para conseguir este comedor que hoxe poderemos estrear. 

HISTORIAS DA MOSCA DA TELE

A MOSCA MOI PESADA


Había unha vez nunha cidade de España, un progama de telivisión chamado “A partirse de risa”.

Todas as mañás as dez e media empezaba, pero unha mosca sempre aparecía e facía de todo: picaba ao director, facíalle cosquillas ao cámara e molestaba ao presentador. As doce menos cuarto aparece a mosca e ponse diante do lente da cámara e así todos os días a mesma hora.

Ata que un día todos os que traballaban alí fartáronse e colleron un matamoscas. O presentador viu a mosca no lente e matouna e quedou o sangue no lente.

Desde entón ningunha mosca volveu a interrumpir no plató de televisión.
                                                           Lorena


A VINGANZA MOSCAS

Todos os días a mosca da tele andaba de cámara en cámara,... e tiro porque me toca, na hora do telediario.
Pero un día, un cámara usou un ¡¡¡ MATAMOSCAS !!!
A mosca quedou tola despois dun golpe.
Outras moscas levárona a un hospital de moscas e superou con éxito unha difícil operación. Tivo que ir ao CIPM (Coidados Intensivos Para Moscas) durante varios días.
A mosca tivo unha idea.
- Xa que estou ben... vamos a dar guerra de novo.
Volveu ao estudio da televisión con outras moitas moscas, pero non foron ás cámaras senón que ían directamente aos presentadores, xa que eran máis importantes.
Algunhas seguiron recibindo golpes, pero todo mundo viu en directo como lle facían a vida imposible aos presentadores.
A vinganza foi un éxito.  
                                                                                       Lois

 
A MOSCA SUPERESTAR
Hai uns anos, un mosquito traveso e moi atractivo andaba polos platós da primeira cadea da televisión en horario de máxima audiencia. Para os humanos molestaba, pero no mundo das moscas era unha superestar, superestrela. Cantaba e bailaba mediante zumbidos e aleteos, As adolescentes moscas berran coma tolas ao vela na tele.

Un día, a mosca canta unha nova balada, todo o país estaba emocionado. Movíase suavemente, tan suavemente que....matamoscas!! e mosca aplastada, e líder en ventas, un CD póstumo e sumidoiro co seu nome e....repelente de bichos nos estudos de T.V.
                                                                                                        Laura

NOTICIA

CHARLA DE COÑECEMENTO DAS DROGAS
Aos luns pola mañá esta vindo unha monitora chamada Fanny que traballa nun centro de rehabilitación de drogas a falarnos sobre elas e como evitalas.

Fálanos dos tipos de consumo de droga, como deixala, e como pode axudar un centro de rehabilitación.

Estame a resultar moi interesante porque espero que toda esta información poida servirme ao longo da miña vida.

Despois de todo, aprenderei sobre algo que quizáis me sexa útil e penso que é moi importante.

Resumindo, aprendo e disfruto de cada sesión e espero xa a seguinte.

                                                                        Laura