Dentro do tema de Cidadanía “Xuntos podemos” xorde unha interesante pregunta:
Por que algunhas persoas sendo seres sociais buscan a soidade?
As distintas e variadas respostas que se foron dando, deron lugar a un debate. Estes son algúns dos motivos polos que algunhas persoas buscan a soidade:
Porque ten que haber algún momento de soidade. Óscar.
Porque pensan que son superiores pero, no fondo teñen un baldeiro interior. Amanuel.
Porque cren que poden solucionar os problemas eles sós ou porque son tímidos e senten vergoña do seu problema. Nuria.
Poden estar estresados. Santiago.
Podería ser porque de cativos os seus país non o sociabilizaran. Amanuel.
Desconfían dos outros, pensan que os poden traizoar. Javier.
Porque se valoran pouco. Juan/Alejandro/ Amanuel.
Para fuxir dos seus propios problemas. Laura.
Porque se sente incomprendido. Antón.
Porque non ten interese en colaborar cos outros. Javier.
Podería ter unha enfermidade depresiva ou un trauma. Alicia/Pablo.
Porque está enfadado. Antón.
Ten un mundo “aparte” e non quere que os outros participen dese mundo. Nuria.