Valentín é un neno da nosa idade que traballa no circo, é un artista.
É un rapaz intelixente e moi espelido. Vive cada día unha chea de aventuras.
Valentín no Amazonas
Un día de verán Valentín e máis os seus pais fóronse ao Amazonas nun avión. Colleron o avión dende Santander que era onde estaba o circo.
Cando chegaron Valentín asustouse moito porque viu unha anaconda que viña hacia eles. Os seus pais e máis el correron para que non lles pillase. Pero a anaconda díxolles:
-Benvidos ao Amazonas,serei a vosa guía.
-Unha anaconda que fala! Ai deus.
-Tranquilos ,que quero ser a vosa amiga. Hoxe vouvos a axudar. Díxolles a anaconda.
-Vale,berraron a coro.
-Como te chamas? Preguntáronlle as tres persoas estrañadas co que estaban vendo.
-Chámome Esmeralda .E vós?
-Eu chámome Valentín e estes son os meus pais.
-A onde imos agora?
-Imos a estar por todo o Amazonas.
-Que,ben!
Encontráronse con outra anaconda chamada Cígora. É preguntoulle Valentín:
-Queres vir con nós?
-Si. Como non vou a estar con vós e a miña amiga Esmeralda.
Foron por toda Amazonas e os pais e Valentín decidiron quedarse a vivir con Esmeralda e Cígora para sempre.
ANXO PÉREZ CABALEIRO
VALENTÍN EN VIGO
Onte levei a Valentín a A Praza do Bicentenario, diante do monte Castro.
Para chegar, collemos o autobús. Polo camiño, fun respondendo e explicándolle as súas preguntas:
- Que é A Praza do bicentenario?- É unha praza-rotonda feita de metal, que é ademais unha fonte.- contesteille.
- Vaia, esa praza ten e é de todo, verdade?
- Si, tés razón, Valentín.
- Por que se construíu?
- Para facer honor ao bicentenario da cidade. Hai “anuncios” por toda a cidade. Non os viches?
- Así é! É verdade, están por todo Castelao!
A última pregunta...
- Fixeron ben poñéndoa aí?
- Si, porque había moito lio nos cruces.
-Ah...
Ao baixarnos do autobús, ensineille a praza e logo dimos un paseo polo monte. Cando rematamos, faltaban trinta minutos para que chegara o autobús. Así que lle dixen:
- Apetéceche un xeado? Invito eu.
- Si, gracias.
E rematando o xeado, collemos o bús e volvemos a casa.
NURIA CASTRO SUÁREZ
VALENTÍN E O CIRCO
Un día Valentín estaba camiñando pola rúa cando viu unha carpa dun circo.
A Valentín pareceulle moi raro que houbera dous circos na mesma cidade; no que traballaba el e o outro.
Valentín acercouse á carpa do circo e descubriu que estaban en plena función. Había malabaristas, trapecistas, equilibristas, leos, tigres ….
Valentín observou que tiñan moitísimo público e cando acabou a función foi a saudalos. Valentín falou e falou co propietario do circo e conseguiu facer un trato. Se conseguía que houbera máis público no seu circo ó outro circo iríase.
Pasado un día empezou a súa función e conseguiu que viñeran a velo moitas persoas que superaron por unha persoa ao outro circo.
Ao final o outro circo foise e o circo de Valentín tivo o dobre de público.
JAVIER PÉREZ VÁZQUEZ
O MONSTRO DO CAMPING
Un día, Valentín foi a pasar unha semana no cámping da cidade, pero non sabía o que lle ía pasar, porque todos dicían que nese cámping había un monstro malvado que se comía a todos os que o visitaban, e por iso agora estaba abandoado, pero as instalacións conservábanse ben.
Por iso, Valentín, disposto a pasar un bo rato sen gastar diñeiro, decidiu pasar unha semana no cámping, e, como era moi valente, descubrir se o monstro era real ou era alguén disfrazado.
Cando levaba alí tres días,empezou a escoitar un corpo arrastrándose, e viu que era un crocodilo. Cando o réptil marchou, el seguiuno, e viu que so quería asustar ás persoas para que el e a súa familia de crocodilos puideran vivir en paz. Ao final non había ningún monstro!
ANTÓN RAJOY RECONDO