O día 27 de maio, tres nenos colleron na praza América, un autobús ás oito da mañá, coa súa mestra. Estes tres alumnos chamábanse: Javier, Javi para para os amigos; Antón; e Nuria.
Dirixíanse á Coruña para participar na fase final do XI Rebumbio Matemático. Como ben di o seu nome, é un concurso de matemáticas, no que previamente superaran a Fase de Zona.
Xa no Forum Metropolitano (A Coruña), déronlles unha explicación de como ía ser o resto de día. Unha vez acabada a explicación, dirixíronse a facer a proba. Mentres, a súa profesora e os outros mestres do resto de colexios fóronse a dar unha volta polo lugar.
Tras finalizar a proba, levaron a todos os participantes ao parque de Santa Margarita. Alí, na Casa das Ciencias, a pesar de que non chegaron a entrar, ríronse moito co “ben” que falaba o inglés un dos monitores durante o resumo do que ían facer. Ao acabar a charla, dividíronse en grupos de quince alumnos máis os seus profesores, e un monitor. No parque, guiándose polos consellos do monitor e por un pequeno mapa, debían ir movéndose polo lugar. Tiñan que resolver as adiviñas e atopar as cousas que indicaba un libriño que se lles entregara. Que ben o pasaron!
Tras esa ruta polo parque de Sta. Margarita, leváronos a comer a un instituto de hostalería. Os nosos amigos Javi, Antón e Nuria, sentáronse cunhas nenas do Colexio Nacional de Eires. Que agradables eran! Todos comeron ata máis non poder. Comeron como reis e raíñas. Ao rematar, foron ao patio interior do instituto. Alí pasaron o rato ata que chegou o momento de marchar, de volta ao Forum Metropolitano.
No Forum, estiveron un rato na biblioteca. Logo, dirixíronse á entrega de premios, acompañados polos seu pais, que era o único momento do día no que podían estar con eles. Con tensión, esperaron o benedito dos xuíces. Javi, Antón e Nuria, quedaron de sétimos. Pero disfrutaron moitísimo dese día!!
Nuria Castro Suárez