Federico tiña que facer os deberes , pero non lle gustaba nada estudar e dixo:
-Oxalá tivera maxia para acabar antes.
Federico , xa que non quería facer os traballos foise a xogar ao parque. Parouse no camiño e viu unha chave e unha caixa. Tamén había unha nota!
-O desexo que máis desexas pode dar moitos problemas.
Abriu a caixa e dixo que non quería deberes nunca máis.
Comezou a chover. Foise a casa e non parou de chover ata que dixo:
-Quero que haxa deberes!
E deixou de chover. Entón aprendeu a lección:
“Se queres algo, traballa para conseguilo”
Xa na escola...
-Os deberes son de lingua . Páxina 54 nº 1,2,3,4,5,6,7 e 8 -Di a profesora
-Beeen!!!-Di Federico
Así todo o curso. Antes sacaba suficientes e insuficientes pero agora saca sobresalientes e notables.
E deste xeito, foi Federico un home de proveito.
LOIS SEIJO BARRIO