REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 7 de mayo de 2015

LEDICIA COSTAS NO NOSO COLE

Onte, 5 de maio, tivemos unha xornada fantástica porque estivo no noso cole Ledicia Costas e foi unha auténtica ledicia, fixo honra ao seu nome. Contounos unha chea de cousas e firmounos con moito cariño os libros  de Escarlatina, a cociñeira defunta.
Preguntámoslle sobre o libro e tamén sobre como se lle ocurriu. Sabemos que ten idea de contar máis cousas de Román e Escarlatina.
Grazas por vir ao cole e por escribir tan bonito!