Lemos este libro de LEDICIA COSTAS e gustounos moitísimo. Tanto, que fixemos un libriño cunha chea de receitas e inventamos outros finais...
ESCOLMA DOUTROS
FINAIS PARA O
LIBRO “ESCARLATINA, A
COCIÑEIRA DEFUNTA”
*Román e Escarlatina
conseguírono. Coa súa empanada de mexillóns conseguiron o prato que lle gustou
a vivos e a mortos. Sauro, o pterodáctilo estaba alí, o avó, Escarlatina
e Lady Horreur tamén. Amanita, o malo malísimo, e os seus funguiños estaban.
Despedíronse todos. Nicotina levouno ata o Aquén, Román coseguira salvar a
xente do malvado Amanito, salvas á súa amiga Escarlatina, facer un prato que
lles gustase a vivos e a mortos; e aprender a cociñar.
E todo por non renderse! De
vez en cando o avó e Escarlatina xunto con Lady Horreur visitaban a Román no
Aquén. HUGO
*Román foi ás clases
durante moito tempo e seguía sen saber cociña. El non se rendía, intentábao
todo o tempo e sen que el se decatase acabaría sabendo cociñar. Practicaba día
e noite. Conseguiu un filete de tenreira riquísimo. A partir dese momento foi o
mellor cociñeiro do mundo. ADRIÁN
*Escarlatina estase
quedando sen corda, vai volver a morrer e como lle colleu cariño a Román
escribiulle unha carta pequeniña.
Querido Román: botareiche
de menos, cociña e segue o teu
sono e … sempre te levarei no meu
corazón , se podo sentilo!
Escarlata
Ao ler a nota Román
emocionouse e fabricou un corazón co que tiña á man na cociña. Púxoo enriba da
nota e esperou. Esperou e deulle a vida. SARA
*Cando Escarlatina e Román
chegan ao inframundo dispóñense a facer un prato que guste no mundo dos vivos e
no mundo dos mortos para salvar a Escarlatina segue. Conségueno facendo un
prato perfecto. Xa no mundo dos vivos de forma definitiva, Escarlatina segue
dando clases de cociña a Román. JONÁS
*Despois de pasar un tempo
con Escarlatina, Román decatouse de que era unha boa nena e quería loitar para
que quedara no mundo dos vivos. Fixo un permiso na páxina web e estiveron
xuntos como irmáns: xogaban, cociñaban, bailaban, … pasábano xenial, tanto que
querían estar así de felices para sempre. ANDREA
*Pasado un tempo, Román tiña
no seu armario unha chea de trofeos desde dende que o acompañaba Escarlatina.
LAILA
*Cando Román consegue facer
o mellor prato, Escarlatina resucitou de todo recuperando a seu aspecto humano
de cando era nova. Ela e Román foron amigos para sempre. BRUNO
*Román e Escarlatina
conseguírono . Román puido cociñar receitas marabillosas se poñelo todo sucio e
desordenado e Escarlatina conseguiu ensiñarlle.
Isto demostra que se loitas
por aquilo que cres, pódelo conseguir. ÓSCAR SÁNCHEZ.
*Román seguiu traballando e
aprendendo con Escarlatina para ser un bo cociñeiro. De maior puxo un
restaurante debaixo da súa casa e soñaba con ter moitas estrelas michelín.
Conseguiuno grazas ao que Escarlatina lle dixo:
-“Loita por aquilo no que
cres sen renderte ante as adversidades.” VALERIA
*Escarlatina axudou a
Román a cociñar tan ben que xa lle parecía que estaba de máis, cando se quixo
marchar Román pediulle unha cousa máis …
Os dous tiñan que competir.
Entraron en Master Chef Junior. Lograron ser finalistas, pero …. os xuices ces
do concurso descubriron que Escarlatina era un cadáver e quedaron
eliminados.
Sempre, no Aquén e no Alén,
recordarán o ben que cociñaron xuntos. IRINA