REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 30 de abril de 2015

A MOCHILA DOS POEMAS

Nestos días tivemos na nosa aula unha maleta cheíña de libros de poesía. Contiña unha variada mostra de distintos poemas e ben seguro que hai moitísimos máis.
Resultou moi entretido e gustáronnos a todos.
A poesía serve para falar dos nosos sentimentos con liberdade e xoga coas palabras como forma de expresión.
A poesía non ten idade nin límites.
Se ti mesmo na poesía!!!! 




miércoles, 29 de abril de 2015

UN BARCO AO PÉ DA PORTA



Alfageme é o barco que temos xusto ao pé da porta do cole, está vendo cara ao parque coma se saíse do cole e se quixera pór a navegar dun momento a outro.
Un bo día Alfageme decidiu despegarse da rotonda e navegar. Pero, non tiña  sobre que navegar, un barco navega pola auga. Tivo que esperar ata o inverno para que cando chovese puidese ir Castelao abaixo, chegar á Praza de América e ir por onde está ese home co martelo todo para abaixo e chegar así ao mar.
Os nenos do cole botábano de menos e non sabían que facer para que volvera. Un día  de tormenta, no recreo, puxéronse a chamalo todos a unha voz e todo o forte que puideron e Alfageme ao oílos decidiu volver á rotonda e quedar alí .
Que contentos estaban agora tod@s @s nen@s do cole Illas Cíes cun barco ao pé da porta!!!! 
                                                                  Icía Min

lunes, 27 de abril de 2015

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN VIAL

O día 20, fomos facer unha actividade práctica ao Castro dentro do programa de Educación Vial que iniciamos o curso pasado.
Os monitores son os policias locais da nosa cidade. Está moi ben porque nos falan con certa familiridade, con cercanía, sen estaren coa seriedade que conleva a súa profesión. Explícanse moi ben porque son os que máis saben das normas de tráfico.
Primeiramente explicáronnos o percorrido que íamos facer. Fixemos un traballo en equipos e desenrolamos distintas funcións: condutores, peóns e gardas de tráfico.
Ao rematar fixemos unha avaliación da actividade. Os aspectos  que debemos mellorar son os seguintes:
-Os ciclistas teñen que circular sempre pola súa dereita. 
-Os ciclistas deben deter  a bicicleta sempre que teñan o semáforo en ambar fixo diante.
-Os ciclistas deben sinalizar as manobras para advertir aos demais usuarios cales son as súas intencións, e deben facelocoa suficiente antelación.
-Os peóns deben cruzar polo paso de peóns camiñando a paso normal e sen entreterse mentres cruzan.

O DÍA DO LIBRO

LÉMOSLLE   CONTOS   AOS   MÁIS   PEQUENOS   DO   COLE
Co gallo do "DÍA DO LIBRO" saímos ao patio a ler un conto ós máis peques do cole. Foi unha experiencia xenial. Agás dos compañeiros que levaban dous nenos os demais levabamos encadanseu pequeno. Foi xenial porque os peques prestaron moita atención ao conto que lle estabamos a ler.

Nunca olvidaremos como conectamos con estes nenos!

viernes, 24 de abril de 2015

E PUXÉMOSLLE ... FILOMENA!!!!!!

Impresións do encontro con Marco Antonio, alumno do noso cole fai uns 44anos. 
Gustounos moitísimo saber como era o noso cole fai anos. Foi interesante saber como era o noso cole nos seus comezos. Sentinme apenado xa que xogaban nos campos derredor ou na rúa. Debían de pasalo xenial. 
Antes tiñan clase pola mañá e pola tarde. Menos mal que cambiou o horario! 
Pensei que o cole era fantástico. Sentinme coma se estivera eu alí xogando ao fútbol e a vaca mirando.Transporteime a aquel momento no que o patio estaba cheo de herba e onde a xente tiña unha vida máis sinxela que a de agora, sen tecnoloxías. Resultou unha conversa divertida, entretida, sorprendente e aprendemos unha chea de cousas. Non nos gustou nada que aqueles alumn@s do cole non lle puxeran nome á vaca. Nós decidimos porlle un nome póstumo porque tiña moito protagonismo dentro da escola. Puxémoslle Filomena! 

Debemos sentirnos privilexiados porque a nosa escola medro cos tempos, ten moitas cousas boas. Sentímonos felices e aprendemos moito. Vaia se aprendemos! 
Os profes de antes eran máis severos e distantes, agora son máis amigables e temos máis confianza con eles.

martes, 14 de abril de 2015

CINCUENTA ANOS MOVÉNDONOS



O curso pasado fixemos un collage na porta da nosa aula para o proxecto "AS PAISAXES" que nos deu unha chea de traballo pero o resultado foi que nos quedou ben bonito.
Este curso decidimos "tunealo" para adaptalo ao proxecto actual, "CINCUENTA   ANOS   MOVÉNDONOS". Aquí temos o resultado para celebrar o aniversario do cole.

DÍA DA AUGA (23 de marzo)



AUGUIÑA

Érase unha vez unha gotiña de auga que caeu do ceo nunha tormenta. Separouse das demais gotas e perdeuse. Auguiña buscaba un grupo de gotas para vivir con elas ou unha cidade ou pobo, que, para as gotas, son lagoas ou charcos. Auguiña camiñaba pero non atopaba nada. Necesitaba atopar algunha gota de auga  ou se facía unha ondada  de calor podería transformarse en vapor, que son coma fantasmas para as gotas e invisibles aos seus ollos. Auguiña non quería transformarse en vapor, entón debería atopar unha lagoa ou un charco preferiblemente á sombra. Como non atopaba nada decidiu  cavar no chan e facer o seu propio fogar e así, cando chova, as demais gotas poderían vivir alí e formarían unha gran edificación. Todos os días que chovía había novos veciños e o charquiño acabou sendo unha gran lagoa. Auguiña era a presidenta, pero o máis importante, é que era feliz. Hugo

A AUGA É VIDA 

Había unha vez un rei moi avaro que non quería gastar o diñeiro na auga así que a prohibiu.

-A min paréceme unha tolería gastar tanto diñeiro na auga podendo beber outras cousas, podendo  regar as plantas con zume, podendo asearse con toalliñas...A auga é un desperdicio.
E así foi, a auga nese país non existía. A medida que pasaba o tempo as plantas morrían, a xente enfermaba por non tomar auga, a xente non se aseaba...Pero o rei era feliz, a el dáballe igual ter auga ou non, el tíñao todo.
Un día soñando, o rei era un plebeo calquera, un emporcallado, enfermo e nun lugar sen plantas. Logo tamén soñou  que era un neno de  África sen nada para beber.
Cando espertou deuse conta de que a auga e a cousa máis importante do mundo e non pode faltar custe o que custe. Nun mundo con auga vívese mellor, vívese xenial, a auga  é o que só piden os que por algunha razón non a poden ter. Todo o mundo debería  ter auga.
-Xa non volverei a prohibir a auga -dixo o rei orgulloso pola súa decisión. Adriana
 

SEGREDOS ARQUEOLÓXICOS


O día   7 de abril estivemos no Museo do Mar da nosa cidade, Vigo.

Primeiro aprendemos a diferenciar os tipos de castros que existen. Despois fixemos unha experiencia xenial, fomos arqueólogos de verdade. Armados cunha pá e unha brocha/pincel descubrimos tesouros soterrados co paso do tempo.

Apareceron restos dos habitantes dos distintos castros. Abundaban restos de xoias, cerámica e tamén armas e elementos tipo escudo. 




Rematamos co tiro de arco ao xabaril.

Gustounos moito a saída  e ata puidemos probar vestimentas e outros complementos da época.