REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 24 de enero de 2013

ACOSO ESCOLAR

O venres, día 18, o policia nacional chamado Luis veu ao noso cole para falarnos a todo o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria do ACOSO ESCOLAR.
Resultoú ser una charla do máis interesante e aprendemos moitísimo. Fixemos unha chea de preguntas porque ademais tratábase dun tema moi serio.
A charla ía durar unha  hora e houbo que prolongala debido ao noso interese.
Algunhas das opinións/criticas máis interesantes:

-ANTÍA
Aínda nos queda moito por aprender, todos os que escoitamos a charla imos mellorar.
@s nen@s que acosan non deben ser nen@s felices.
@s nen@s acosad@s non deben ter medo a comunicarllo aos país ou aos profesores.

-UXÍA
Aos nen@s que acosan pásalles ou pasoulles "algo" na súa familia.

-ALEXIA
@s que acosan teñen un problema mental e @s acosad@s terían que ter máis carácter e non permitir que se lles moleste.

-NICANOR
@s acosadores teñen que recapacitar e cambiar porque non poden ir por aí de chulitos,

-ALEXIS
@s acosadores non saben ter amig@s.

-SHEILA
@s que acosan non van ter no futuro unha boa vida.

-DAVID
@s acosad@s séntense fatal porque non poden divertirse sen que veñan a fastidial@.

-LAURA
Eu pensaba que iso da agresividade era parte do mundo dos adultos. agora sei que xa ven da infancia.
Charla interesante e instructiva. Hai que axudar @s acosad@s intentando que non medre neles a agresividade ou o odío denunciando @s acosadores.