REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






lunes, 4 de febrero de 2013

CONTOS DE PAZ

Por intentalo que non quede!


Había una vez unha nena chamada Raquel. Raquel era una nena moi maleducada, pesada, negativa… Tíñaas todas!!

Ela, todos os 30 de xaneiro, sempre pedía que non houbese guerras, que houbese paz, etc, etc...... Sempre o mesmo, e nin sequera ela cumpría iso.

Un 30 de xaneiro, o último día da paz na escola, estiveron explicándolle á súa clase porque se celebraba o día da paz e temas relacionados.

A verdade é que a Raquel non lle importaba moito o tema da paz.

Os seus poucos amigos dicíanlle que tiña que cambiar se quería seguir sendo a súa amiga. A Raquel deulle igual ata que se quedou soa. Entón, xa non lle daba igual!

-Por intentalo que non quede!!!

Raquel intentouno e a pesares de que non era fácil, pouco a pouco, foi encontrando a paz interior e cada vez era máis feliz. Non o podía crer!!! Portarse ben, facer os deberes, ser amable e cariñosa facía que Raquel fora máis feliz.



                                                                                       Alexia Ares Chang.


Mellor tod@s xunt@s 

Nunha viliña afastada da cidade convivían veciños de dúas razas: a branca e a negra.

Os brancos tiñan o río e os negros a montaña.Un día un branco chamado Saúl e un negro chamado Marcos encontráronse pola beira do río .Coma eran nenos non pelexaron.

-Non deberías estar aquí - dixo Saúl.

-Xa o sei.Pero é que a miña raza quería que vos entregara isto.

Alí poñía:

"Queremos vivir en paz e armonía. Podedes vir á montaña. Queredes?"

-Mira que ben!!Vou a entregala xa. Grazas e adeus.

Saúl foi a entregar a carta ao alcalde que de seguido preparou un bando para anuncialo.

Aceptaron e viviron mellor ca nunca.



                                                                                         Iván Bazarra Moreno

A paz a pequena escala



    -E que lle pides ao mundo este ano? -Preguntou o presentador á concursante de Miss Galicia
    -A paz mundial. Que se acaben as guerras e as matanzas de nenos inocentes.

Esta é unha resposta típica, pero non debemos esquecer que a paz ten cabida entre nós, na clase, na casa, no parque… en todas as pequenas cousas que facemos a diario: Paz a pequena escala.

Pensemos nunha clase, por exemplo a nosa. Ningún día debemos comportarnos con violencia pero menos no día da paz.

Pablo e Daniel encontraronse no patio e sen motivo aparente comezaron a pelexar ata que a profesora que os viu, farta deles, expulsounos.

Vaia humillación!!! Castigados no día da Paz. Que mal exemplo para os seus compañeiros. Uns din que se pelexaron por unha broma mal entendida, outros que por unha cuestión de notas… pero da igual.

Nunca hai motivos suficientes para pelexar se co diálogo pódense aclarar as diferenzas e seguir sendo amigos.

De feito, ao día seguinte os dous volvían a estar xuntos: perdoáronse e de novo a súa amizade fixo a paz entre eles.

Todos debemos aplicarnos o conto, na casa, na escola, no parque... E se os nosos maiores fan o mesmo: acabarían as guerras e moitas mortes innecesarias.

                                                                                           Lois Seijo Barro

A mirada do corazón
 Había unha vez un home chamado Roberto que era cego. Vivía nun pobo chamado Pobra do Caramiñal.
Un día, ía pola beirarrúa camiño do seu traballo. E ían unhas persoas discutindo cos seus nenos. Mentres os nenos choraban, elas berraban. O cego acercouse e díxolles:
-Parade de berrar, por favor, que os vosos nenos están a chorar!
-Vale,señor-dixeron calando a boca.
 
Os nenos e as persoas que ían con eles agradecéronlle o xesto a
Roberto. E así fixo a PAZ.

Pero…como faría a non-violencia? Pois así!
Uns intres despois, había pola rúa un mozo e pelexándose co seu pai e díxolles:
-Non pelexedes que non vale a pena, vale máis a pena o cariño.
 
E os dous xuntos agradecéronllo dándose unha aperta.

Así foi como Roberto axudou a xente a ter paz e non violencia. 
                                                
                                                           Alexis Bernárdez Hermida 


Neves e a pelexa

Cando Neves, unha nenea de só once anos, se enterou de que preto do seu cole había unha pelexa, quixo meterse no medio. Aproveitou que estaba soa na praza para ir alí correndo e intervir.
Intentou falar:
- Non resolvades os problemas pegando. É mellor o modo pacíf.......- nese intre, caeulle unha patada na cabeza e desmaiouse.
Os seus amigos foron ao hospital. Ao vela así, decatáronse do pouco que conseguirían coa violencía e o dano que farían, e firmaron a paz.
Pediron perdón aos pais e coidaron da nena ata que se puxo ben.
De todolos xeitos, Neves foi unha heroína que fixo que na súa aldea non houbera máis violencia.
 
                                                Laura Piñeiro Mariño