Vouvos
contar o que soñei esta noite.
Onte
deiteime ben cedo porque tiña moitísimo sono ademais estaba cans@
da saída que fixemos pola mañá.
Os
vermes xigantes
De
repente cerrei os ollos e soñei que estabamos plantando árbores,que
logo viña o Alcalde e nos daba unha charla cun micrófono. Nese
momento empezábase a abrir o solo e saían vermes xigantes.
Pensabamos todos que era o noso fin, pero non, os vermes empezaron a
saudar ao Alcalde e a darlle as grazas.
E
tocou o reloxo e xa me espertei para ir cedo ao colexio.
NEREA CARIDE
PAIS
GOMINOLA
Soñei
unha cousa moi rara. Estaba conducindo un coche, exactamente, un
Lamborghini laranxa como o do meu xogo ps3,e as casas, a estrada, as
árbores.... todo era de cores.
Baixeime
do coche. Ó tocar a calzada amarela, leveime un sorpresón, era de
gominola!. Todo era de gominolas! , e, empacheime, engordei e deume
dor de barriga. Logo ao espertar mireime a barriga, e non estaba
gorda.
Onte
foi unha noite moi divertida.
IVÁN BAZARRA
Un
soño de reforestación
Soñei
que xa pasaran trinta anos, e que as árbores que
plantamos xa eran grandes, e estaban perfectas, e eu, que
tiña fillos, faláballes de como as plantamos e da que
plantei eu. Pero, por desgraza, cando os meus fillos estaban
en 6ª de primaria, volvéronas a talar...
Pero
por sorpresa... o alcalde volveu a dar a idea de facer a
reforestación! Así, os meus fillos viviron a experiencia
que vivín eu, e así pasará de xeración en xeración.
Foi
un soño moi bonito, e espero que se cumpra porque así
todos saberán o que é facer unha reforestación na Avenida de
Castelao.
IRENE
CARBALLO