REMATE



PARA RECORDO DE TODO O MEU ALUMNADO QUE PARTICIPOU NA REALIZACIÓN DESTE BLOG COAS SÚAS CREACIÓNS.






jueves, 10 de noviembre de 2011

A IMPORTANCIA DE LER O XORNAL


É interesante ler o xornal porque te enteras de noticias, do tempo, de datos , de deportes....

IVÁN DÍAZ

É importante ler o xornal porque así coñecemos o que pasa no mundo enteiro.

ANTÍA FERRADÁS / SARA ROSA

Opino que é moi interesante ler o xornal porque ademais de enterarte das noticias practicas a lectura.

LAURA PIÑEIRO

O xornal infórmanos do que pasa no mundo e máis do que pasa preto de nós.

ALEXIA ARES

Co xornal aprendes cousas novas e infórmaste das noticias.

NEREA CARIDE / ALEJANDRO COMESAÑA

Eu penso que a lectura do xornal é boa porque les cousas que che poden interesar como os deportes ou o tempo ou simplemente para ler.

IVÁN BAZARRA

O xornal cóntanos cousas que pasaron e nós non sabiamos.

ADRIÁN RODRÍGUEZ

Está moi ben ler no xornal o que pasa en Vigo, en Galicia, en España e no mundo.

UXÍA NIETO

Eu penso que a lectura do xornal é moi boa para enterarnos dos acontecementos que hai no mundo e porque tamén é bo ler un pouquiño cada día.

ROCIO BARRERO